2º de E. Primaria

#Euquedonacasa (I stay at home) ARTS

Enviado por Mary o Xov, 07/05/2020 - 22:08

Hello everyone

Ola a todos e todas!

Here you have the activities for these 2 weeks

 

Aquí tedes as actividades para 2 semanas.

Tedes 15 días para facela aos poucos, con calma e ben feita.

 

Click on the image 

Have a good time!!

Rosco musical 1º e 2º de primaria.

Ola rapaces e rapazas!!

Para esta semana propóñovos un ROSCO MUSICAL!!

Facendo este rosco, recordaredes os conceptos musicais que fomos aprendendo ao longo do curso.

Anotade aquelas respostas que vos resultaron máis difíciles para comentarmas.

MOITO ÁNIMO!!!

 

 


 

#Euquedonacasa (I stay at home) 1st/2nd English

Enviado por Mary o Lun, 04/05/2020 - 11:30

 

Hello everyone,

                        Here you are the activities for this week.

                        Aquí tedes as actividades para esta semana.

 

Have a good week

 

( categories: )

EDUCACIÓN FÍSICA 1º e 2º (Semana do 4 ao 10 de maio)

EDUCACIÓN FÍSICA 1º E 2º _ XOGOS TRADICIONAIS

(Semana do 4 ao 10 de maio)

 

Esta semana vamos a recordar algúns xogos tradicionais de Galicia.

Os xogos tradicionais son aqueles que se transmiten de xeración en xeración, por iso o primeiro que debedes realizar é unha pequena ficha sobre un xogo ao que xogaba algunha das persoas maiores coas que vives.

Escribe nunha folla os seguintes datos e cúbreos:

Nome e curso:

Nome do xogo:

Materiais necesarios:

Explica como se xoga (regras, lugar onde se xoga,…):

Foto ou debuxo xogando:

Cubre estos datos nunha folla, sácalle unha foto e envíama de volta.

 

Agora vamos a realizar un pouco de exercicio físico:

-          Comezamos quecendo os músculos coa música “Brinca Vai!” de Paco Nogueiras:https://youtu.be/jI7f65ZWfm0

 

-          Logo practicamos algún xogo tradicional. Escolle os que queiras:

o   Mariola: https://youtu.be/RvnjOwGB3Mo

o   Saltar á corda: https://youtu.be/DgIuBRU2a-c

o   Sete e medio: https://youtu.be/a62gY2-SC20

o   Xogos coa goma, por exemplo “Chicle”: https://youtu.be/8ZnljrmaUks

o   As chapas: https://youtu.be/qD-vM89phsE

Escríbeme ou envíame unha foto do que máis che gustara.

 

-      Por último, relaxámonos facendo un pouco de ioga. (Lembrades que na clase de emocional estabamos traballando a atención e unha das cousas que faciamos era ioga. O ioga sérvemos para concentrarnos, mellorar a atención, traballar o equilibrio, e moitas cousas máis). A ver se es capaz de facer todas estas posturas: https://youtu.be/u0vTvMh1I04

Escolle unha das postura de ioga, saca unha foto facéndoa e envíama de volta.

 

Saudiños, saúde e móvete moito!

Distribuir contido