1º de E. Primaria

#Euquedonacasa (I stay at home) 1st/2nd English

Enviado por Mary o Lun, 04/05/2020 - 11:20

 

            Hi kids,

                        Here you are the activities for this week.

                          Aquí tedes as actividades para esta semana.

 

Fai click na imaxe

Have a good week!!

 

( categories: )

TAREFAS SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

TAREFAS DE LINGUA GALEGA

NICOLÁS

 

( categories: )

EDUCACIÓN FÍSICA 1º e 2º (Semana do 4 ao 10 de maio)

EDUCACIÓN FÍSICA 1º E 2º _ XOGOS TRADICIONAIS

(Semana do 4 ao 10 de maio)

 

Esta semana vamos a recordar algúns xogos tradicionais de Galicia.

Os xogos tradicionais son aqueles que se transmiten de xeración en xeración, por iso o primeiro que debedes realizar é unha pequena ficha sobre un xogo ao que xogaba algunha das persoas maiores coas que vives.

Escribe nunha folla os seguintes datos e cúbreos:

Nome e curso:

Nome do xogo:

Materiais necesarios:

Explica como se xoga (regras, lugar onde se xoga,…):

Foto ou debuxo xogando:

Cubre estos datos nunha folla, sácalle unha foto e envíama de volta.

 

Agora vamos a realizar un pouco de exercicio físico:

-          Comezamos quecendo os músculos coa música “Brinca Vai!” de Paco Nogueiras:https://youtu.be/jI7f65ZWfm0

 

-          Logo practicamos algún xogo tradicional. Escolle os que queiras:

o   Mariola: https://youtu.be/RvnjOwGB3Mo

o   Saltar á corda: https://youtu.be/DgIuBRU2a-c

o   Sete e medio: https://youtu.be/a62gY2-SC20

o   Xogos coa goma, por exemplo “Chicle”: https://youtu.be/8ZnljrmaUks

o   As chapas: https://youtu.be/qD-vM89phsE

Escríbeme ou envíame unha foto do que máis che gustara.

 

-      Por último, relaxámonos facendo un pouco de ioga. (Lembrades que na clase de emocional estabamos traballando a atención e unha das cousas que faciamos era ioga. O ioga sérvemos para concentrarnos, mellorar a atención, traballar o equilibrio, e moitas cousas máis). A ver se es capaz de facer todas estas posturas: https://youtu.be/u0vTvMh1I04

Escolle unha das postura de ioga, saca unha foto facéndoa e envíama de volta.

 

Saudiños, saúde e móvete moito!

Recomendacións do DO para esta semana

As recomendacións do DO desta semana están encamiñadas en

concienciarnos da importancia de manter uns hábitos cotiáns nos

nosos fogares.

 

Tamén se engaden uns consellos para transmitir tranquilidade cando

os vosos fillos saian das casas.

 

 

 

 

 

 

 

TAREFAS SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

 

TAREFAS MATEMÁTICAS

2º PRIMARIA

 

 

 

 

TAREFAS LINGUA

2º PRIMARIA

 

 

 

 

PROXECTO “ARREDOR DUNHA HORTA”

1º e 2º PRIMARIA

 

 

 

 

 

 

 

TRABALLO RELIXIÓN

 TAREFAS RELIXIÓN

 

Distribuir contido