5º de E. I.

ACTIVIDADES SEGUNDO TRIMESTRE 2021/2022

Enviado por Agustin o Xov, 16/06/2022 - 14:19

Neste vídeo podedes ver unha mostra do traballo que realizamos na aula durante o segundo trimestre do curso:

ACTIVIDADES PRIMEIRO TRIMESTRE 2021/2022

Enviado por Agustin o Xov, 16/06/2022 - 14:09

Lembrando o primeiro trimestre do curso:

 

CICLO VITAL: Tomasa puxo un OVO!!

Enviado por Agustin o Xov, 21/04/2022 - 12:06

Ola comunidade, na escola seguimos coidando as galiñas, limpamos o galiñeiro, botámoslle comida, cambiámoslle a auga a diario...

limpando galiñeiro limpando galiñeiro
collendo auga levando auga
levando auga collendo auga

 

O paso do tempo permitiunos observar algúns cambios como: aumento de volume, de peso, densidade da plumaxe... en resumo: medraron moito.

botándolle de comer galiñas no patio

 

Tanto, que o mércores 6 de abril cando lles fomos abrir na hora do recreo levamos unha sorpresa: unha das nosas galiñas puxo UN OVO!!

vendo o ovo vendo un ovo
vendo o ovo tocando o ovo

Continuamos traballando.

Día da paz

 

 

Para conmemora o día da paz, o alumnado de 3º/4º e 5º/6º de Valores, grazas á profe Monchi, prepararon a seguinte obra de teatro.

Grazas a todos e todas por este traballo.

 

VIVIMOS UNHA ILUSIÓN: CHEGARON AS GALIÑAS!!

Enviado por Agustin o Xov, 20/01/2022 - 11:45

No mes de decembro andivemos moi ocupados rematando de preparar o galiñeiro.

En canto o tivemos a punto puxémoslle o comedeiro e o bebedeiro. Buscámoslle unha boa orientación, para que teñan o maior número de horas de sol posible. Decidimos colocalo debaixo das árbores do noso patio para protexelas da xeada, do vento...

Agora que o temos acondicionado acabamos de recibir, o martes 18 de xaneiro, tres fermosas polas da raza “Galiña de Mos”. 

Tamén viñeron darlle a benvida o alumnado de 1º e 2º, 3º/4º e 5º/6º

 

Víctor, membro da asociación de criadores da Raza autóctona Galiña de Mos (AVIMOS), ensinounos moitas cousas (e as que nos quedan!): é unha galiña autóctona de Galicia, sabemos que agora mesmo teñen dous meses e medio de vida, arredor dos seis meses comezarán a poñer ovos e poden poñer ovos durante uns 5 anos, podendo chegar a pesar 3kg e moito máis...

Agora tócanos coidalas e investigar moito sobre estas compañeiras de patio.

 

Andamos buscándolle nome, iremos informando... e estamos preparando o terreo para plantar unhas coles...

 

Moitas grazas a toda a comunidade educativa (alumnado, familias, mestres e mestras, persoal do centro...) pola implicación e apoio especial que recibimos neste proxecto.

 

SEMENTANDO FUTURO

Enviado por Agustin o Mér, 15/12/2021 - 14:45

O alumando de infantil do Cabada Vázquez, o 14 de decembro, tivemos unha actividade moi interesante, baixo o título “SEMENTANDO FUTURO: EDUCACIÓN AMBIENTAL”.

Trátase dunha actividade enmarcada no Proxecto TERRA, dirixida a promover a realización de proxectos interdisciplinares que fomenten o papel activo do alumnado ante os desafíos sociais, económicos e medioambientais da sociedade actual.

Escoitamos con moita atención un conto, que só tiña imaxes dos nosos bosques, Diego foi o encargado de dirixir a actividade e estivemos moi atentos... ata nos ensinou unha vacaloura de verdade.

Para rematar sementamos unhas landras, aprendemos que temos que botalas en auga antes de sementalas, se flotan non son axeitadas para a xerminación e se afunden son as ideais para plantar.

Sementámolas nuns testos que fixemos nós cos cartóns que trouxemos da casa, agora tócanos coidalas para que xerminen.

 

CARTEL MIUDIÑO
CONTO VACALOURA
CORTANDO CARTON TERRA
TRABALLANDO TRABALLANDO
LANDRAS NA AUGA TESTOS

 

 

 

Distribuir contido