PVAD

Coreografía de Samaín 2023-2024

O martes 31 de outubro celebramos no noso cole o Samaín. E qué mellor maneira que facendo obradoiros terroríficos? Sorriso Tivemos obradoiros de manualidades, de cociña, de decoración de cabazas e de baile.

No obradoiro de baile, os nenos e nenas de Ed. Infantil e de 1º e 2º de Primaria realizamos unha coreografía aterradora, onde puidemos traballar a expresión corporal. Versionamos en galego e bailamos a canción de "Bien es halloween", de Luli Pampín. Pasámolo terrorificamente ben! Risa

 

                                          

 

 

Tags: Móvete +, PVAD, Educación física

O Ping Pong chegou a Codeseda

O venres 20 de outubro tivemos outra xornada deportiva no centro. Esta vez para realizar unha sesión de tenis de mesa co Club Tenis de Mesa Top Spin, de A Estrada. O Club facilitounos, semanas atrás, dúas mesas de ping pong, polo que xa puidemos realizar partidos, iniciándonos neste deporte antes desta visita.

 

Nesta xornada, por cursos, realizamos un adestramento moi completo e individualizado, xa que grazas a Rosa e Ramón, técnicos do Club, puidemos aprender a cómo agarrar a pala, cómo golpear de dereita e revés ... Tamén contamos cun robot lanzapelotas polo que aproveitamos a sesión ao máximo. Moitas grazas pola vosa visita, pasámolo xenial! RisaRisa
                             

                                            

Tags: PVAD, Educación física

O Cros de A Estrada

O mércores 11 de outubro realizamos a primeira saída do curso e foi para acudir ao tan esperado Cros. Como todos os anos fíxose na zona deportiva de A Estrada e acudiu alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria da maioría de coles da zona.

Fixemos unha gran carreira e con coraxe, valentía e moita ilusión chegamos á meta! Noraboa rapaces! Risa Risa

                                              

 

 

 

                                               

 

 

                                                       

 

 

 

                                                     

 

 

 

 

 

Tags: CROSS, PVAD, Xogade, Educación física

O Club Ciclista Estradense

O 18 de setembro tivemos unha visita moi deportiva no noso cole. Visitounos o Club Ciclista Estradense, que nos tiña preparado un circuíto para comprobar a nosa habilidade enriba da bicicleta.

Realizamos o circuíto por cursos, había rectas estreitas, zig - zags, cambios de dirección continuos e mesmo unha rampa! Pasámolo xenial! Risa

 

 

Tags: PVAD, Educación física

Benvidos ao curso 2023 - 2024!

Comezamos con enorme ilusión este novo curso e ... Que mellor forma de facelo que gozando do deporte e dos compañeiros/as? O exercicio físico é fundamental para a nosa saúde, tanto física como social e mental. Por este mesmo motivo, ao longo de todo o curso, dende o colexio darémoslle a importancia que ten ao deporte e á actividade física.

 

Un dos momentos onde a actividade deportiva cobra maior relevancia é nos tempos de recreo, así pois e como se iniciou o curso pasado, volveremos a organizar os recreos no patio. Propóñense actividades variadas para todos os días da semana, con distinto material para non caer na monotonía e nos mesmos xogos de sempre.

Para levar a cabo a distribución e recollida de material, haberá dous alumnos/as cada día, de 5º e 6º de Primaria. Tomarán nota, ao finalizar o recreo, de que todo o material fose devolto e concienciarán aos máis pequenos de facer un uso responsable do mesmo.

 

 

A pasalo mooooi beeeen!

 

Tags: Presentación, PVAD, Educación física

Rematando o curso!

Quedan poucos días para dar por finalizado este curso e dende aquí gustaríame despedirme de todos vós con moito agarimo, por ser uns alumnos exemplares, participativos, xenerosos e incribles.

A miña etapa como a vosa mestra chega ao seu fin con gran tristeza e pesar, pero con ledicia de haber compartido tantos momentos, vivencias, experiencias e todas as aprendizaxes acadadas ao longo de estes 3 marabillosos cursos académicos. Non cambiaría nada de todo o vivido.

Agradecervos a vosa implicación e boa actitude cara min e cara a educación física, oxalá logredes todos os obxectivos que vos propoñades.

Moitas apertas da vosa profe, saúdos dende o corazón!

 

Tags: PVAD, VIDA ACTIVA