PVAD

Bailamos con vasoiras polo Samaín!

O venres 28 de outubro, para conmemorar este día tan terrorífico, os discentes de 3º, 4º, 5º e 6º moveron o seu esqueleto realizando unha coreografía con vasoiras, deste xeito, non só debían de procurar a memorización dos pasos a seguir, senón tamén coordinalos coa súa nova compañeira "a vasoira".

Movémonos, activamos o noso corpo, coordinamos movementos do tren inferior e superior e añadimos o implemento da "vasoira", memorizamos os pasos a seguir, teatralizamos, pasalo moi mal e con moito medo... canto fixemos! aprendimos xogando pasando un anaco moi divertido.

Ata a seguinte chicos e chicas!

 

No seguinte link podedes ver o vídeo da conmemoración:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcabadavazquez/node/1234 

Tags: PVAD

1ª carreira de orientación do Samaín.

Para conmemorar o Samaín dun xeito terrible e monstruoso realizamos a primeira carreira de orientación, na que participaron con gran éxito todos os alumnos e alumnas de primaria do colexio.

Deste xeito tan divertido coñeceron as normas básicas deste deporte, movéronse moi rapidamente para atopar cada unhas das pistas terroríficas, aprenderon a traballar en equipo para lograr un obxectivo común e pasárono tremendamente ben.

Moitas gracias pola participación e por respectar as normas do xogos, para o ano máis e mellor campións!

 

 

Tags: PVAD

Organizamos os recreos do comedor

Seguimos organizando os tempos de lecer. Dado que as normas establecidas nos recreos dinámicos dentro do PVAD (Proxecto de Vida Activa e Deportiva) ampliamos esta estratexia aos recreos do comedor, diversificando deste xeito o tempo de ocio e ofrecendo distintos xogos aos que se realizan pola mañá.

Hai 4 opcións de xogos: petanca, ping-pong, brilé e xogo libre (no que segue estando prohibido o uso do balón).

Seguide disfrutando do deporte, da actividade física e a creatividade que nos ofrece campións!

 

Tags: PVAD

Xogamos ao balonmán!

Hoxe, mércores 28 de setembro, todos os alumnos de educación primaria tiveron a gran sorte de gozar dunha sesión de xogos físico-lúdicos e introductorios ao balonmán con 2 adestradores da "federación galega de balonmán".

Foi unha xornada na que os discentes disfrutaron moito! estiveron activos, respetaron as normas dos xogos, colaboraron a nivel individual e grupal, coñeceron normas deste deporte, traballaron aspectos técnicos, pero sobre todo pasarono moi ben e motiváronse a coñecer este deporte.

Moitas gracias por ser tan participativos/as campións!

Tags: PVAD, VIDA ACTIVA

EDUCACIÓN FÍSICA NA CALLE

Entre todos seguimos facendo grande o día da "EF na calle ou nos centros escolares" conmemorado anualmente o 27 de abril.

Durante o confinamento do ano 2020 demostrouse que o movemento e a actividade motriz son moi importantes para manter o benestar físico, psíquico e social das persoas e, por elo, dende a área que me ocupa seguiremos reivindicando o lugar que lle corresponde a esta materia.

Puidemos gozar de actividades tan lúdicas e divertidas como:

  • medir as nosas forzas co propio corpo e usando unha corda.
  • o 3 en raia con carreira de velocidade.
  • flexibilidade para pasar o balon e aros de distintos diamétros dun xeito cooperativo e con moita coordinación grupal.
  • carreiras de sacos con cintas adheridas que debían de "roubar" aos compañeir@s.

E sobre todo, estivemos movéndonos moito para sentirnos activos e fortes.

 

 

 

Tags: GOZANDO DA ACCIÓN, PLAN PROXECTA, PVAD

CAMIÑO DE SER IOGUIS!

Seguindo coa liña metodolóxica do programa MUSE iniciado este curso 21-22 (etapa de educación primaria) practicamos posturas básicas de ioga e introducimos a respiración, centrándonos na expansión do peito durante a inspiración sendo unha técnica moi efectiva para alongar a columna vertebral e mellorar a postura corporal.

Deste xeito damos continuidade aos contidos adquiridos e traballados pola artista encargada do MUSE, Chus Raíndo, e sobre todo coa finalidade de introducilos como hábitos de vida saudables aplicables a vida diaria dos nenos e nenas.

 

    

                                        

Tags: PVAD, Educación física