3º de E. Primaria

Os alimentos

Rematamos o proxecto dos alimentos. Antes de comenzalo os de 5º e 6º pudemos asistir a o programa "SABOREA ESTRADA", onde cociñamos a receita elexida entre as presentadas polo alumnado de 5º e 6º.

Comprobamos que algúns alimentos teñen almidón, algúns de forma natural e outros porque se lle engade.

OBRADOIROS DE NADAL

 PARA CELEBRAR O FINAL DE TRIMESTRE NADA MELLOR QUE PARTICIPAR EN DIFERENTES OBRADOIROS, COMO MANUALIDADES, BAILE, MÚSICA E COCIÑA.

AQUÍ PODEDES VER O QUE NOS DIVERTIMOS NO DE COCIÑA .

   
   
   
   
   
   
   
 
   

NON MÁIS PLÁSTICOS

O noso proxecto do plástico comenzou coa visualización dun vídeo sobre o plástico e os seus efectos na vida dos seres vivos.

PODEDES VER ALGUNHAS FOTOS DE DIFERENTES MOMENTOS NOS RECANTOS.

   
   

 

 

MÁIS CLARO AUGA

   

Aquí vos quedan as fotografías do proxecto rematado "MÁIS CLARO, AUGA".

No contexto científico recreamos ecosistemas, construímos depuradoras, fixemos filtros de auga .

No humanístico, traballamos os ríos da Estrada, os seus afluentes, .....

No matemático calculamos a auga que gastamos diariamente, averiguamos a lonxitude do Ulla e do Liñares, recorrémolo co beebot.

No lingüístico, colocamoslle os pés de foto da saída ao Ulla , onde vimos o estado da auga e averiguamos se tiña as condicións axeitadas para o seu uso.

Ao final do proxecto, entre todos fixemos un repaso do que aprendemos. Logo escribímolo, para poder levar as nosas casas e que vós poidades comprobar a cantidade de cousas que sabemos.

INICIAMOS OS PROXECTOS

Este curso, deu comenzo o noso traballo por proxectos.

Iniciamos  con un "BENVIDOS", onde traballamos as árbores do noso patio, o noso Patrimonio, os planos das dependencias do noso Centro e, as escalas , as nosas caractrísticas persoais,..... A continuación, levamos a cabo "Mais claro, auga", no que ainda estamos a traballar.

Imos a amosarvos algúns momentos do noso traballo.

SAÍDA AO RÍO ULLA

PARA INICIAR O NOVO PROXECTO SOBRE O RÍO ULLA, NADA MELLOR QUE UNHA SAÍDA POR ESTE ENTORNO, COMPROBANDO O ESTADO DA AUGA, AS ESPECIES QUE ALÍ SE ATOPAN, E UNHA MAGNÍFICA EXPLICACIÓN SOBRE A VIDA DE ALGÚNS PEIXES, ASÍ COMO OS DISTINTOS INSTRUMENTOS QUE OS AXENTES USAN PARA PODER FACER UN EXHAUSTIVO SEGUIMENTO POLOS SEUS PERCORRIDOS.

 

Distribuir contido