Skip to Content

Novidades no noso quiosco.

 

Xa chegou á nosa biblio o novo nº da revista Pelo, Pico, Pata e como novidade o nº 2 da revista Amigos animales. Esperamos que vos gusten!!!

Novidades Outubro

NOVIDADES OUTUBRO 2012



Xa sabedes que este trimestre toca axudar ao Trasno Trouleiro a aprender cousas sobre peixes e outros animais que viven no mar así que na biblioteca podes atopar, ademais de outros libros, estas novidades relacionadas co tema.

Peixes e animais mariños

Ao Trasno Trouleiro asáltanlle as dúbidas? Que animais viven no mar?

"Peixes"- dí el. Pero... solamente peixes? Tí que pensas?  Axúdaslle a resolver esa morea de cuestións?

Para iso tes na biblioteca moitos libros para investigar sobre o tema. Estas son as últimas novidades que podes consultar, pero hai moitos máis.


CARNÉS DE USUARIOS

ESTÁN DE MODA



Os novos carnés de usuario están de moda. Viches que chulos e orixinais?


Son válidos para realizar os empréstitos na biblioteca do cole. O único que tes que facer é colgalo do pescozo deixando visible a parte amarela na que aparece o código de barras e o mestre que esté de garda realizará o préstamo ou a devolución do libro, revista, CD ou DVD que queiras.


Agora xa sabes... úsao correctamente e a disfrutalo!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut