Skip to Content

ARTIGO EDITORIAL TRASNO TROULEIRO

Pinchando no enlace podedes ver un artigo da revista educativa EDUGA sobre un dos proyectos que desenvolvemos todos os anos no cole: a Editorial Trasno Trouleiro. Esperamos que nos guste!!

EDITORIAL TRASNO TROULEIRO

AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

ORDE do 07 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

DESTINATARIOS

- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO. En todos estes cursos manteranse os libros de texto do curso escolar 2023/2024.

- Axudas para adquirir libros de texto: Alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específicas de apoio educatio –NEAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE. 

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL) (5º e 6º de Educación Primaria) no curso 2024/25 está excluído da partcipación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde. 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN

Ademais da presentación de forma presencial no centro, os cidadáns poderán realizar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia, accedendo ao procedemento ED330B, que enlazará coa aplicación Fondolibros. Unha vez que teñan cubertos todos os datos, poderán gardala e obter o número de solicitude. Posteriormente, disporán das seguintes formas de presentación: 

– No centro: neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (a solicitude xa terá asignado un número pola aplicación). 

–Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía. 

 

DOCUMENTACIÓN

ANEXO I (solicitude) debidamente cuberto. 

ANEXO II para a comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. 

Se a persoa solicitante (Anexo I) e/ou os membros computables (Anexo II) se opoñen a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente, ademais de achegar os documentos xustifcativos (DNI ou NIE, certifcado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia ou percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%, segundo corresponda). 

Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor. 

Excepcionalmente, cando a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 da orde ou non sexa posible acreditar a súa composición polos medios anteriores, poderase xustificar o número de membros computables utlizando algún dos seguintes medios: 

        1º. Certificado ou volante de convivencia. 

        2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

- Se fose o caso, certificado acreditativo do grao de discapacidade recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia

No caso de violencia de xénero acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. 

- Nos casos que corresponda, resolución xudicial de curatela representativa ou de patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida. 

- Para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia, resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certifcado do centro de menores.

- No caso de que o pai e a nai ou o titor/titores carezan de DNI e NIE, certifcado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia. 

- No caso de non autorizar a consulta da renda deberán achegar os documentos xustificativos.

 

En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro do 2022, agás cando unha sentenza de separación ou divorcio posterior a esa data atribúa a custodia exclusiva a unha das persoas proxenitoras, nos casos de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica, e nos casos de falecemento dalgunha das persoas proxenitoras.

 

Aclaracións sobre a renda per cápita da unidade familiar:

- Terase en conta a renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2022 dividido entre o número de membros computables. 

- Computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez ou a equivalente de clases pasivas. 

- A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros computables da familia que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Na declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas no exercicio fiscal 2022, sumaranse a base impoñible xeral (recadro 435) e a base impoñible do aforro (recadro 460); cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados no certificado de imputacións de renda, pola Axencia Estatal de Administración Tributaria. 

- As persoas sen residencia fiscal en España no ano 2022 deberán acreditar os seus ingresos no país de orixe mediante nóminas, xustificantes de pensión, xustificantes de rendementos bancarios ou calquera outro documento acreditativo. No caso de carecer desta documentación ou se non obtiveran ingresos deberán presentar unha declaración responsable dos ingresos de todos os membros da unidade familiar.

- Nos casos de violencia de xénero non se incluirá ao agresor na solicitude e, polo tanto, non se terán en conta os seus ingresos para determinar a renda per cápita. Tampouco se terán en conta os ingresos do outro proxenitor nos casos de custodia exclusiva e os do proxenitor falecido.

 

 -Membros computables da unidade familiar:

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado. 

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. 

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados suxeitos a curatela representativa ou a patria potestade prorrogada ou rehabilitada. 

d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar. 

e) A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida. 

f) A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga, viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.

 Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

 

 –Non terá a consideración de membro computable:

a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida. 

b) O agresor nos casos de violencia de xénero, o outro proxenitor cando a custodia sexa exclusiva nin o proxenitor falecido . 

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2022, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores, nos casos de violencia de xénero, nos que se aplicará o disposto na lexislación específca, e nos casos de falecemento dalgunha das persoas proxenitoras.

 

DESCARGAR ANEXOS I E II

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025

Todo o alumnado que solicitou praza para o curso 2024/2025 está admitido.

Distribuir contido


by Dr. Radut