Skip to Content

Verbas inspiradoras no día das Letras Galegas 2020

Ola nenas e nenos:


O Trasno Trouleiro, como xa sabedes, anda gardado na nosa Biblioteca Escolar e non para de pensar. Desta vez, ocorréuselle que como non nos imos ver para celebrar o Día das Letras Galegas, podemos facelo dun xeito diferente:

As mestras van asignarvos unha palabra galega (chegaravos por privado). Nunha folla A4 (folio), en posición horizontal e moi en grande para que se vexa, escribiredes dita palabra e decorarédela como máis vos guste. Logo, grabaredes un vídeo co móbil onde ensinedes o voso cartel á vez que dicides en alto a palabra que vos tocou. Lembrade colocar o teléfono en horizontal para grabar. Despois xuntarémolos todos para facer un vídeo como fixemos o día do libro.


Esta actividade, coma outras que xa fixemos neste tempo no que temos que estar na casa, é totalmente voluntaria, pero sería moi bonito que participáramos todos. 

 


Podedes mandarlle os vídeos a Carmen por Whatssap e ela xa nolos fai chegar.


Esperamos que vos animedes.


Unha aperta moi grande.
Bicos.

REACTIVACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Como xa sabedes, o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso foi paralizado coa suspensión das clases por mor da COVID-19.
 
O próximo luns reactívase dito proceso. Os prazos van dende o 11 ao 18 de maio, ambos os dous incluídos, para a presentación de solicitudes (os que non o tiverades feito con anterioridade á suspensión das clases).
 
Recolleremos as solicitudes no colexio, que permanecerá aberto de luns a venres en horario de 11:00h a 12:00h ata finalizar o prazo.

O CONCELLO DE CERDIDO AXUDARAVOS COA IMPRESIÓN DAS TAREFAS

Dende o Concello de Cerdido envían a súa axuda para que as familias que o precisen poidan imprimir as tarefas do colexio.

 


No documento adxunto atópase toda a información:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut