Skip to Content

Samaín e Magosto 2012

Xa chegou o momento de celebrar no cole o Samaín e o Magosto. Como xa publicamos na web durante esta semana o alumnado puido participar nas actividades levadas a cabo na biblioteca do centro e desfrutar do taller de cabazas. Hoxe tocou expoñelas, entregar os premios e degustar o menú terrorífico e as castañas asadas.

De menú temos vómito de meiga, ollos de pantasma ensanguentados, de postre arañas trepadoras e de bebida sangue de zombi.  Aquí podedes ver imaxes da celebración.

 

  

 

Estas son as cabazas elaboradas polo alumnado con axuda dos mestres e mestras e a colaboración das familias:


Lecturas de meeeedo.

O noso alumnado xa visitou o exposición de meeeedo e a verdade é que lles encantou.Aquí podedes ver ao alumnado de infantil escoitando a lectura de "Corre, corre, cabaciña". Qué susto!!!

Unha biblioteca de meeeeedo!!!

Xa chegou o Samaín e con el a tradicional exposición de libros de medo na nosa biblioteca.

Poderás disfrutar dela ata o 9 de novembro. A que esperas!!! Corre a polo teu libro antes que o Trasno Trouleiro! Non te quedes sen el. E se non te das decidido emprega o díptico coas recomendacións que vos pasamos. Así seguro que acertas!

La bruja Florinda y la tarta perfecta

O 24 de outubro celebramos no cole o Día das Bibliotecas escolares cunha representación teatral titulada "La bruja Florinda y la tarta perfecta". Da man da compañía "La luna lunática" esta obra , no tempo no que estamos vainos preparando para recibir o Samaín.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes do momento.

 

  

A continuación o alumnado participou na lectura dramatizada e visionado das curtametraxes "A pota que trota" e "O soldadiño de chumbo".

Distribuir contido


by Dr. Radut