Skip to Content

Maleta Viaxeira

Hoxe, día 24 de Outubro, día das Bibliotecas Escolares comeza a funcionar a Maleta Viaxeira. Calquer alumno ou alumna do centro pode levala emprestada para casa e disfrutar, xunto cos seus pais, avós, curmáns, amigos, veciños... do seu contido.

Esta maleta carga un pouco de todo: lecturas de todas as idades, poesía, algo de teatro, cómic,un conto en inglés, música para escoitar, un filme de debuxos, un libro de manualidades para divertirse na casa, etc.

Se queres levala só tes que apuntarte na lista de espera ou dicirlle ao teu titor ou titora que te apunte e, cando chegue o teu turno a maleta viaxará contigo.

 

Visita á Lonxa de Celeiro

O día 11 de outubro o alumnado do centro visitou á Lonxa de Celeiro co fin de aprender cousas sobre os peixes que alí se venden e así poder axudar ao Trasno Trouleiro co seu obxectivo de coñecer que animais viven no mar.


Na lonxa explicáronnos particularidades de diferentes tipos de peixe, pesáronnos na báscula e deixáronnos xogar co xeo triturado.


  



 

Novidades outubro

As aventuras dunha nova rapaza acaban de aterrizar na nosa biblioteca. Coñece a Agatha Mistery e axúdalle a resolver todos os misterios nos que se ve implicada. E se as súas historias te atrapan, non te preocupes, na biblio atoparás todos os títulos da colección.


Outras novidades: "El cazo de Lorenzo" e "Gloria Fuertes y sus versos"


    

Galicia. Conservando a natureza.


Durante a semana do 15 ao 19 de outubro estivo no centro á disposición de todo aquel que quixera vir vela a exposición itinerante "Galicia, conservando a natureza" e o venres 19 un monitor achegouse ata aquí a amosarlla aos nosos rapaces e rapazas. Aquí vos deixamos unhas fotos do momento.



 


Distribuir contido


by Dr. Radut