Skip to Content

Festival de Nadal 2012

 

Este ano, como non podía ser de outro xeito preparamos con moita ansia o esperado festival de Nadal no que participou a totalidade do alumnado. Aquí vos deixamos unhas mostras do ben que o pasamos e das actuacións que realizamos. Esperamos que vos gusten!!!

 


Cantamos...


Actuamos...

Volvemos cantar e actuar ata que...

... de risa nos fixeron escachar!!!

FELICES FESTAS

 

 

Recordamos que o día 8 de Xaneiro retómanse as clases. Ata daquela, felices vacacións! Disfrutádeas!

A nova cara da nosa biblioteca


Na zona de lectura temos un novo recuncho: A "Blablateca". Un espazo de expresión para desenvolver a linguaxe oral.



Encima das revistas e das producións propias temos a "Galería do Trasno", onde podemos disfrutar das mellores instantáneas da nosa mascota.



Na zona de xestión é onde seguiremos facendo os empréstitos e devolución dos fondos.



A biblio de consulta renovada completamente. Moito máis colorida e divertida. Seguimos mantendo a "Zona Tic" co proxector de imaxes, a pizarra dixital, os reprodutores de CD e tres ordenadores máis.



Na zona de consulta nace o recunchiño onde expoñemos os libros relacionados co PDI que estamos a desenvolver. Chamarémoslle "O recuncho PDI"



Outra perspectiva da biblio de consulta.


 

Caxoto Contacontos

CONTOS PARA ESCOITAR MENTRES BAILAMOS UN VALS.


O 16 de Novembro tivemos a sorte de coñecer a un dos mellores directores de orquestra. Nada máis e nada menos que a Caxoto, o director da orquestra de "Santiago de Compistolas" quen nos deleitou cun fantástico conto musicado no que ademais de relatarnos a historia de Rosa, unha rapariga que andaba na busca do instrumento de música "mellor do mundo" foinos presentando diferentes instrumentos propios da tradición galega (como o birimbao e a gaita). Aquí vos deixamos algunhas imaxes. Pasámolo fenomenal!!!


 



 



Distribuir contido


by Dr. Radut