Skip to Content

PLAN DIXITAL DE CENTRO

Damoslle visibilidade ao Plan Dixital de Centro elaborado ao longo do curs0 2021-2022

RECREOS DINÁMICOS

RECREOS ACTIVOS E INCLUSIVOS NO C.E.I.P. BAÑOS DE MOLGAS

 

 

No ceip Baños de Molgas vimos de poñer en marcha un ambicioso plan de mobilidade activa durante os períodos de recreo do noso alumnado, ao mesmo tempo que tamén tentamos contribuir a ter uns patios máis inclusivos.

Desta volta, a iniciativa consiste en dotar a todos e cada un dos nosos escolares dun patinete e tamén dun casco protector, (no caso dos máis cativos, o patinete é de tres rodas ou tamén se adquiriron algunhas bicicletas sen pedais).

A finalidade última deste proxecto radica no intento de conseguir que a totalidade do alumnado do centro educativo teña diariamente, cando menos dous períodos de media hora cada un, nos que durante a súa estancia no patio de recreo, a actividade física sexa unha constante para eles durante todo ese tempo. Viñamos observando con preocupación nos últimos anos como estes intres de lecer eran cada vez máis sedentarios por parte dos nosos rapaces e rapazas, ao ir diminuíndo o número de alumnado de cada grupo, cada vez as actividades que levan a cabo nos recreos esixían menos movemento, estando moitas veces sentados en grupo falando ou simplemente paseando polo patio.

Despois dalgún tempo buscando alternativas, decidímonos a por en marcha esta iniciativa, despois de constatar entre os nosos alumnos, as súas preferencias por este tipo de actividades ao mesmo tempo que seguimos pondo o noso grauciño de area na mellora saudable da súa infancia, dado que antes de ir ao recreo, os nenos e nenas contan, dentro do programa "Alimentate Ben" cunha merenda a base de froita fresca e/ou leite.

Despois de xa algúns días nos que os cativos teñen a súa disposición todo o material, sentimonos gratamente recompensados, ao ver como, tanto no recreo da mañá como no de despois do comedor, todos sen excepción, están desexando pasar pola aula do material a recoller o seu casco e o seu patitene e aproveitar ao máximo o tempo de recreo con xogos e actividades que implican exercicio físico e movemento contínuo.

Unha vez máis, dende o ceip Baños de Molgas, continuamos a dar pequenos pasos para seguir contribuindo ao desenrolo integral dos nosos escolares, tentando dotar ao noso alumnado das mellores ferramentas para seren capaces, o día de mañá, de enfrontarse as multiples situacións que lle vai demandando o seu futuro, con seguridade e confianza ao mesmo tempo que tentamos afianzar o convencevento e o desexo de que todos acaben sendo persoas de ben.

ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES NO CONSELLO ESCOLAR

CANDIDATURAS:

.-  MESTRES:

    -  Casado Rivero, Corona

    -  Díaz López, Francisco

 

.-  NAIS/PAIS/TITORES LEGAIS:

    -  Gómez Cid, Raquel

 

SORTEO MEMBROS MESA ELECTORAL DÍA 26 DE NOVEMBRO:

.-  TITULARES:

    -  Nai/Pai de Rubén Seijas Lorenzo

    -  Nai/pai de David Tesouro Touriño

    -  Nai/Pai de Andy Vilariño Vila

    -  Nai/Pai de Miguel/Gabriel Ferreño Rodríguez

.-  SUPLENTES:

    -  Nai/Pai de Alba/Pedro Salgado González

    -  Nai/Pai de Catia Lorenzo Prol

    -  Nai/Pai de Daniela Balbís Pato

    -  Nai/Pai de Mateo Custodio Esteves Cid

A mesa estará formada o día 26 polo director do centro como Presidente e catro vogais saídos dos titulares, ou no seu caso, suplentes, dos anteriores.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

LUNS 26 DE OUTUBRO

Publicación no taboleiro de anuncios do Centro da data e hora no que se procederá ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral. (Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1994; DOG do 9 de agosto)

 

MÉRCORES 28 DE OUTUBRO

 

PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2021/2022

Dende hoxe día 1 de marzo ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso académico 2021-2022

  PROCESO DE ADMISIÓN     DATAS  
 Presentación de solicitudes   1-22 de marzo
 Renuncia das familias á solicitude ordinaria nun centro     Ata o 22 de marzo 

 Prazo de entrega da documentación xustificativa

dos criterios do baremo (só os centros que bareman)

  10 días hábiles

  contados a partir dos 2 días seguintes 

 ao remate do prazo para presentar as

 solicitudes de admisión.

 Publicación da listaxe provisional de alumnado admintido

e non admitido

  Antes do 25 de abril

 Plazo de reclamación

  5 días hábiles despois do seguinte á

 publicación da listaxe provisional.

 

A presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o curso académico 2021-2022 será naDIRECCIÓN do centro, en horario de 9:30 a 15:30 horas.

 Se precisan máis información da que vai aparecendo nesta páxina web, poden chamar, en horario 9:30-15:30 horas, ao número 988 430268.

NOVA CUBERTA NO COLEXIO

Xa fai algúns días que se podía observar a proximidade do inicio nas obras de sustitución da antiga cuberta do centro, pero dende este martes, 10 de novembro, deron comezo por fin.

Nesta primeira semana vaise proceder a retitar a práctica totalidade das uralitas que cubren a parte do centro correspondente a ala máis ampla, a situada enriba das aulas, para unha vez rematada esta parte, continuar coa outra ala, a correspondente as zonas de biblioteca, entrada, ximnasio e comedor.

A nada que o tempo colabore un pouco, polo que nos din dende a empresa que leva a cabo as mesmas, para cando chegue o Nadal, deberiamos contar con nova cuberta na totalidade do edificio.

Unha vez rematadas, contaremos cun novo pulo no cambio de imaxe que se está intentando levar a cabo no colexio dende o pasado curso, do que xa todos tedes sido participes.

 

SOMOS GRAFITEIROS!

Dende este curso escolar, no CEIP Baños de Molgas voltámonos grafiteiros de vocación e decidimos darlle un aire máis renovado ó noso cole, máis colorido, máis... ALEGRE! Como o noso centro é a nosa segunda casa gústanos, como non, velo ben bonito!

Co mural da parede da entrada, contra a violencia de xénero, queremos recordar que no CEIP Baños de Molgas estamos moi concienciadas con esta problemática e que loitamos día a día para vela erradicada, xa que como di o lema que pode lerse no mural: "Somos o berro das que xa non teñen voz".

Os murais do comedor recórdannos a todos e a todas a importancia de alimentármonos ben e de consumir todos os días froitas e verduras para ter unha dieta saudable.

O marabilloso mural da nosa biblioteca é unha metáfora perfecta do que para nós representan os libros na nosa vida: oportunidades únicas e irrepetibles de explorar outros mundos e outros universos...https://photos.app.goo.gl/reLmPT7NtTi8p8iQA

 

 https://photos.app.goo.gl/rSBVCxixgMy5fJq8A

 

Iniciándonos no "Alimentate Ben". Almorzos saudables

Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que, en colaboración con diferentes consellerías, trata de fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

Os plans buscan un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa favorecendo a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo e colaborativo do alumnado e do profesorado implicado.

No Noso centro pretendemos iniciar os cativos nos habitos de alimentación saudables, polo que neste curso comezamos con almorzos saudables e esperamos a incorporación progresiva de outros proxectos.

Iniciándonos no "Alimentate Ben". Almorzos saudables

Vídeo

Vídeo de Baños de Molgas


Distribuir contido


by Dr. Radut