Skip to Content

NOVA CUBERTA NO COLEXIO

Xa fai algúns días que se podía observar a proximidade do inicio nas obras de sustitución da antiga cuberta do centro, pero dende este martes, 10 de novembro, deron comezo por fin.

Nesta primeira semana vaise proceder a retitar a práctica totalidade das uralitas que cubren a parte do centro correspondente a ala máis ampla, a situada enriba das aulas, para unha vez rematada esta parte, continuar coa outra ala, a correspondente as zonas de biblioteca, entrada, ximnasio e comedor.

A nada que o tempo colabore un pouco, polo que nos din dende a empresa que leva a cabo as mesmas, para cando chegue o Nadal, deberiamos contar con nova cuberta na totalidade do edificio.

Unha vez rematadas, contaremos cun novo pulo no cambio de imaxe que se está intentando levar a cabo no colexio dende o pasado curso, do que xa todos tedes sido participes.

 



page | by Dr. Radut