Skip to Content

Dependencias

Así se ve o noso centro

DISTRIBUCIÓN DAS PRINCIPAIS ZONAS DE USO DIARIO:

 O centro conta coas seguintes dependencias, en uso na actualidade, no curso 2020-2021:

Entrada principal, quizais un dos elementos que máis reflexa os importantes camnios que teñen tido lugar no centro dende o pasado curso, como se pode observar na imaxe.

Toda vez que avanzamos, ímonos atopando co despacho de Dirección, a Aula de Informática, a aula de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria, a de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

A seguir veñen a aula de Inglés e a de Pedagoxía Terapeútica e a continuación, dúas dependencias das máis amplas do centro, e totalmende sen ningún uso nos últimos anos. Esta situación empezou a cambiar o pasado curso, na que se levou a cabo unha importante tarefa de vaciado das mesmas, coa pretensión de ir creando en ambas as dúas dous amplos espazos de xogo inclusivo, coa intención de sacarlle moitísimo proveito, entre outros intres, nos recreos nos que as condicións climatolóxicas sexan adversas. Estas dependencias son o antigo laboratorio e a coñecida como "aula de pretecnoloxía".

Nosa intención é a de ir creando diferentes recunchos nos que os rapaces poidan xogar ao ping-pong (contamos con mesa), facer xogos de construcións ou psicomotricidade, quebracabezas, puzzles... Outro recuncho adicado a lectura e ao debate, etc.

Aínda que polas actuais circunstancias non podemos darlle este tipo de utilidade mentres a situación non mellore, continuamos intentando ir dotando estes espazos do material necesario para que cando si xa se poida empregar, as nenos conten, cando menos, can algúns elementos de xogo e diversión, para que se sintan a gusto e ilusionados con esta nova proposta do colexio.

Xa de volta polo corredor, atopariamos os aseos da planta superior, completamente reformados o pasado verán, e que locen este aspecto:

 

A sala de profesores e a biblioteca, un dos lugares que tamén sufríu algún cambio o curso pasado, e que agora anima aos cativos a lectura deste xeito

Se baixamos, atopamonos coas dúas aulas que na actualidade ocupan os máis pewuechos do colexio, os alumnos de Educación Infantil, os aseos da planta baixa (que confiamos poder reformar no presente curso) e as dúas saídas aos patios, exterior e cuberto, amplos e con diferentes zonas de xogo para o noso alumnado.

Xa de volta na planta superior, teriamos o ximnasio, cos seus vestiarios e duchas, así como tres pequenos almacéns de material variado e dous baños individuais.

Xa por último viría o comedor e a cociña, nos que como non podía ser doutra maneira, tamén houbo importantes cambios.

O comedor podemos velo hoxe en día deste xeito

E na cociña, ven de haber un cambio moi, moi recente, do que daremos debida información, nos vindeiros días.

Distribuir contido


by Dr. Radut