Skip to Content

Educación Física

EDUCACIÓN FÍSICA

EDUCACIÓN FÍSICA

Mestre especialista:

  .-  Juan José Cid Rivas

 

As sesións de Educación Física serán levadas a cabo preferiblemente no patio exterior do colexio, sempre e cando as condicións metereolóxicas así o permitan.

De non ser posible facelas no pario, o centro conta ademais con outras tres alternativas para desenrolar as clases desta materia:

  .- Ximnasio interior.

  .- Patio cuberto.

  .- Pavillón polideportivo municipal.

Cando as condicións metereolóxicas sexan adversas, as sesións levaranse a cabo nunha ou noutra depencendia en función de varias circunstancias, pero, en liñas xerais, as clases cos grupos de rapaces máis pequenos trataremos de impartilas, ben no patio cuberno ou no ximnasio, preferiblemente no primeiro xa que é un espazo ao aire libre, o que nos asegura unha mellor circulación do aire, permitindo mellores alternativas a hora de cumplir coas esixencias dos protocolos Covid.

E as clases co grupo de alumnos de maior idade poranse en práctica maiormente no pavillón polideportivo municipal, xa que aínda que é un espazo cerrado, é o suficientemente amplo e con teito alto, o que nos asegura unha maior posibilidade de circulación e ventilación do aire, tanto durante as sesións de Educación Física, como nos períodos de tempo anteriores e posteriores as mesmas.

Para o presente curso, 2021-2022, deixamos aberta a posibilidade de participar na campaña de Deporte en Idade Escolar promovida todos os cursos polo Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia baixo o título de XOGADE, así como tamén a posibilidade de retomar o cursiño de iniciación e perfeccionamento que todos os cursos levavamos a cabo co alumnado do centro na piscina climatizada do veciño concello de Allariz. Ambas as dúas dependendo da evolución e das circunstancias epidemiolóxicas provoada pola pandemia derivada da aparición da Covid-19.

Distribuir contido


by Dr. Radut