Skip to Content

SOMOS GRAFITEIROS!

Dende este curso escolar, no CEIP Baños de Molgas voltámonos grafiteiros de vocación e decidimos darlle un aire máis renovado ó noso cole, máis colorido, máis... ALEGRE! Como o noso centro é a nosa segunda casa gústanos, como non, velo ben bonito!

Co mural da parede da entrada, contra a violencia de xénero, queremos recordar que no CEIP Baños de Molgas estamos moi concienciadas con esta problemática e que loitamos día a día para vela erradicada, xa que como di o lema que pode lerse no mural: "Somos o berro das que xa non teñen voz".

Os murais do comedor recórdannos a todos e a todas a importancia de alimentármonos ben e de consumir todos os días froitas e verduras para ter unha dieta saudable.

O marabilloso mural da nosa biblioteca é unha metáfora perfecta do que para nós representan os libros na nosa vida: oportunidades únicas e irrepetibles de explorar outros mundos e outros universos...https://photos.app.goo.gl/reLmPT7NtTi8p8iQA

 

 https://photos.app.goo.gl/rSBVCxixgMy5fJq8A

 



blog | by Dr. Radut