Skip to Content

Blogue de admin

Nova cubierta no C.E.I.P. Baños de Molgas

 

                                                  TELLADO NOVO NO COLEXIO

Dende mañá martes 10 de novembro imos poder ir vendo como avanzan as obras de sustitución da cuberta do C.E.I.P. Baños de Molgas.

Unha obra moi demandada por toda a comunidade educativa que ven a contribuir, xunto coa que xa se levou a cabo ao longo do pasado verán, de reforma dos aseos situados na planta supèrior do centro, a axudar  enormemente, dando un pulo importante a nova imaxe que queremos teña o noso colexio.

SOMOS GRAFITEIROS!

Dende este curso escolar, no CEIP Baños de Molgas voltámonos grafiteiros de vocación e decidimos darlle un aire máis renovado ó noso cole, máis colorido, máis... ALEGRE! Como o noso centro é a nosa segunda casa gústanos, como non, velo ben bonito!

Co mural da parede da entrada, contra a violencia de xénero, queremos recordar que no CEIP Baños de Molgas estamos moi concienciadas con esta problemática e que loitamos día a día para vela erradicada, xa que como di o lema que pode lerse no mural: "Somos o berro das que xa non teñen voz".

Os murais do comedor recórdannos a todos e a todas a importancia de alimentármonos ben e de consumir todos os días froitas e verduras para ter unha dieta saudable.

O marabilloso mural da nosa biblioteca é unha metáfora perfecta do que para nós representan os libros na nosa vida: oportunidades únicas e irrepetibles de explorar outros mundos e outros universos...https://photos.app.goo.gl/reLmPT7NtTi8p8iQA

 

 https://photos.app.goo.gl/rSBVCxixgMy5fJq8A

 

Distribuir contido


by Dr. Radut