Skip to Content

Iniciándonos no "Alimentate Ben". Almorzos saudables

Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que, en colaboración con diferentes consellerías, trata de fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

Os plans buscan un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa favorecendo a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo e colaborativo do alumnado e do profesorado implicado.

No Noso centro pretendemos iniciar os cativos nos habitos de alimentación saudables, polo que neste curso comezamos con almorzos saudables e esperamos a incorporación progresiva de outros proxectos.

Iniciándonos no "Alimentate Ben". Almorzos saudables


image | by Dr. Radut