LEXISLACIÓN:
- Orde do 29 de abril do 2022. Nesta orde pódense consultar todos os detalles, incluído a contía das axudas.
DESTINATARIOS:
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado que vaia cursar 3º ou 4º de Primaria no curso 2022/23
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado que vaia cursar 1º ou 2º de Primaria no curso 2022/23
- Axudas para adquirir material escolar: alumnado que vaia cursar 1º, 2º, 3º, 4º, 5º ou 6º de Primaria no vindeiro curso 2022/23
PRAZOS:
Dende o 19 de maio ata o 22 de xuño de 2022.
FORMA DE PRESENTACIÓN (escoller unha das dúas opcións):
- Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: iniciando sesión na web Fondolibros con Chave365 ou certificado dixital.
- Presencialmente no centro*: presentando a solicitude e o Anexo II debidamente cubertos e asinados xunto con:
o Unha copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables.
o En caso de separación: presentar sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
o Se fose o caso: presentar tamén certificado acreditativo do grao de discapacidade.
* O alumnado admitido neste centro docente para o curso 2022/23
VÍDEO – A NOSA PROPOSTA EDUCATIVA
Dende o CEIP Armenteira presentamos a nosa proposta educativa en forma de vídeo. Trátase dunha peza audiovisual na que amosamos as nosas instalacións, actividades, proxectos, metodoloxía, etc. co propósito de que coñezades un pouco máis o noso traballo o cal continúa medrando e abríndose cara novos proxectos.
Aproveitamos tamén para lembrar que ata o día 21 de marzo está aberto o prazo de admisión de alumnado para o curso 2022-2023 e pódese pedir cita previa para visitar o centro durante este período.
Agardámosvos!
ALUMNADO:
O alumnado que debe tramitar a admisión e solicitar un posto escolar neste proceso será:
- Aqueles que acceden por primeira vez (alumnado que se incorpora a 4º de Educación Infantil)
- Aqueles que cambian de etapa e non continúan os seus estudos no centro adscrito (alumnado de 6º de Educación Primaria que non continúe no CPI Mosteiro, no noso caso; ou que non fixera a reserva de praza neste).
- Alumnado sen escolarizar para calquera dos cursos de Educación Infantil ou para 1º de Educación Primaria
- Alumnado que desexe cambiar de centro educativo.
IMPORTANTE:
- O alumnado actualmente matriculado no centro ten asegurada a súa praza para o vindeiro curso, polo que NON requerirá un novo proceso de admisión.
INFORMACIÓN DE INTERÉS:
- A solicitude de admisión deberá ir acompañada da documentación indicada no PDF adxunto a esta publicación.
- Esta solicitude, así como a documentación, presentarase no centro no que solicite praza en primeiro lugar (cada alumno/a poderá presentar unha única solicitude, e nesa mesma solicitude poderanse elixir ata 6 centros, por orde de preferencia; a infracción por presentar varias solicitudes en distintos centros determinará a perda dos dereitos de prioridade que podan corresponderlle) ou por Sede Electrónica.
- Para descargar o impreso e para máis información consulte a aplicación: ADMISIÓN ALUMNADO
- Para máis información contacte co centro ou consulte o seguinte enlace: INFORMACIÓN SOBRE ADMISIÓN
- Lexislación en relación co procedemento: Decreto 13/2022 do 3 de febreiro , Orde do 12 de marzo do 2013 , Orde do 25 de xaneiro do 2017 e a Orde do 18 de decembro do 2020.
DATAS DE INTERÉS:
- Prazo de admisión: do 1 ao 21 de marzo do 2022.
- Publicación de listaxes provisionais: antes do 25 de abril (5 días hábiles para reclamacións dende a data de publicación).
- Publicación de listaxes definitivas: antes do 15 de maio.
- Formalización da matrícula: entre o 20 e o 30 de xuño do 2022.
O Diario de Arousa dedica unha reportaxe ao CEIP Armenteira destacando algunhas das súas sinais de identidade: pouco alumnado por grupo-aula, apoio de profesorado dentro das aulas, proxectos nos que participamos, algunha das nosas actividades, a situación nunha contorna natural, etc. Con todo isto a noticia axuda a que as familias consideren o noso centro como unha opción á hora de matriclar aos nenos e nenas ante a inminente apertura do periodo de matriculación.