AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Libros de texto e material escolar. Curso 2021-2022                     

Toda a información sobre estas axudas atópase no seguinte enlace.

  • A participación no Fondo de libros está destinada ao alumnado matriculado en 3º, 4º de primaria  no curso 2021-22.
  • As axudas para adquirir libros de texto van dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de primaria no curso 2021-22, con renda per cápita do ano 2019 igual ou inferior a 10.000€.
  • As axudas para material escolar van dirixidas a todo o alumnado con renda per cápita do ano 2019 igual ou inferior a 6.000€.
  • O alumnado matriculado en 5º,6º  de primaria no curso 2021-22 está incluído no proxecto educacióndixital (E-DIXGAL) no obstante, poderán solicitar para adquirir material escolar cando reúnan os requisitos establecidos na orde.

Forma e prazo de presentación

Poderán encher e presentar a solicitude até o 22 de xuño dos seguintes xeitos:

A solicitude será única para todos os fillos.

Poden descargar o impreso neste enlace ou recollelo na secretaría do centro.

Requisitos

  • Ter devolto os libros de texto adquiridos con cargo ás axudas do curso 2020/21.
  • O alumnado tutelado pola Xunta de Galicia ou con discapacidade superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda. 

                                                   

CELEBRACION DO NADAL O MARTES 22 DE DECEMBRO

Para este Martes 22, último día de clase temos previsto o seguinte programa:

-CANTO DE REIS POLO PATIO DA ESCOLA

Ao non poder facer os cantos de reis polas aldeas, decidimos facelo igual para nós, no patio da escola.

-LOTERÍA -BINGO

Ao remate das panxoliñas, no patio, faremos unha loteria-bingo do nadal. Cada rapaz terá dous números, o primeiro rapaz que teña os dous números cantados levará o primeiro premio. Haberá 4 pequenos premios.

-BADALADAS DO NADAL

Xa por último escoitaremos todos as 12 campanadas comendo gusanitos.

De non poder facer as actividades ao aire libre polo tempo, farémolo cada un na sua aula en streaming.

Ese día os rapaces poden vir vestidos de xeito elegante ou navideño.

 

RETO "RECREO RESIDUOS CERO"

 Boas familias!

 

Informamos de que durante este curso o noso cole estará participando no RETO

“RECREOS RESIDUOS CERO” impulsado polo colectivo Teachers For Future Spain.

 

O obxectivo é motivar ao alumnado e familias para que nas merendas que traen

ao cole haxa a menor cantidade de residuos posible. Para iso é interesante usar

envases reutilizables co fin de eliminar as botellas de plástico, os envases dun só

uso como plásticos, papel de aluminio, etc.

 

Agardamos a que vos animedes a participar e poidamos contribuír dende o noso

cole ao coidado do medio ambiente.

 


 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Dende o 16 ata o 27 de novembro estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes para o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e en centros privados concertados no curso 2020/21.

 

MOI IMPORTANTE: NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOSE BENEFICIARIO DA AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 2020/21, pois dito alumnado terá dereito á axuda das máscaras automáticamente.

 

Presentarán a solicitude presencialmente no centro as familias de alumnos/as que cumpran algunha das seguintes condicións:

 

1-  Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 6000 € (exercicio do 2018)

2-  Alumnado matriculado en educación especial.

3-  Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

4-  Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

Nos ficheiros adxuntos podedes consultar a orde e descargar o impreso da solicitude (tamén podedes solicitalo na escola)

Para calqueira dúbida chamade ao colexio.

Distribuir contido