Dende aquí poderedes coñecer un pouquiño o noso cole e atopar información sobre as distintas actividades que realizamos ao longo do curso. Esperamos que vos guste.
DESTINATARIOS:
- Fondo solidario de libros de texto:
Alumnado que vaia cursar 3º ou 4º de Primaria no vindeiro curso 2023/24.
- Axudas para adquirir libros de texto:
Alumnado que vaia cursar 1º ou 2º de Primaria no vindeiro curso 2023/24.
- Axudas para adquirir material escolar:
Alumnado que vaia cursar 1º, 2º, 3º, 4º, 5º ou 6º de Primaria no vindeiro curso 2023/24.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Dende o 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023 (ambos incluídos).
FORMA DE PRESENTACIÓN
- Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Iniciando sesión na web Fondolibrosou con Chave365 ou certificado dixital.
-
Tamén se pode facer presencialmente no centro. Deberán presentar a solicitude e o anexo IIdebidamente cubertos e asinados xunto cunha copia do libro de familia ou equivalente onde figuren todos os membros computables. En caso de separación deberán presentar sentenza xudicial e/ou convenio regulador. Se fose o caso, deberán presentar tamén certificado acreditativo do grao de discapacidade.
Na ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H, podedes ver a contía das axudas (artigo 2) en función da renda per cápita (artigo 3), que se calcula en base aos membros computables da unidade familiar (artigo 4).
DATAS DE INTERESE
- Prazo de presentación das solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
- Data de publicación da listaxe provisional de admitidas/os: 25 de abril.
- Data de publicación da listaxe definitiva de admitidas/os: 15 de maio
- Prazo para formalizar a matrícula: do 20 ao 30 de xuño
DOCUMENTACIÓN
- Solicitude debidamente cuberta e asinada (Anexo II e Anexo II-Bis). Pódese descargar nos documentos anexos a esta publicación.
- Documentación indicada no PDF adxunto a esta publicación.
OUTRA INFORMACIÓN
- As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar.
- Na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) poden consultar:
a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365.
NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO
O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (neste caso, no CPI Mosteiro-Meis), para os efectos de RESERVA DE PRAZA neste, deberá presentar no centro de orixe (CEIP Armenteira) ou a través da aplicación “admisionalumnado” o formulario normalizado ED550A (Anexo I e Anexo I-bis) entre os días 16 de xaneiro e 6 de febreiro.
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva a través destas tres opcións:
- Informaticamente e presentala de xeito manual no centro. Pódese descargar o formulario no documento adxunto a esta publicación ou na aplicación “admisionalumnado” https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado (solicitudes-reserva-crear).
- Informaticamente e asinala en Sede Electrónica (precísase Chave 365 ou certificado dixital) a través da aplicación “admisionalumnado” https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado (solicitudes-reserva-crear).
- Manualmente e presentala asinada presencialmente no centro de orixe: CEIP Armenteira (solicitando o Anexo I e o Anexo I-bis en dito centro).
IMPORTANTE:
- Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe (CEIP Armenteira) ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.
- O alumnado que ten reservada praza no centro adscrito, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicar por escrito a renuncia á reserva antes do 1 de Marzo de 2023.
- O alumnado que NON continúe os estudos no centro adscrito (é dicir, os que decidan ir a outro Instituto de Educación Secundaria que non sexa o CPI Mosteiro-Meis), non poderán reservar praza, e directamente presentarán a Solicitude de Admisión no mes de Marzo.
