Durante este curso 2022-2023 seguiremos participando no Proxecto Ríos que tan boas experiencias ofreceu o pasado curso. Así, o venres tivo lugar a primeira actividade: a LIMPEZA DO RÍO.
Toda a escola, acompañados por persoal do Concello e polo Concelleiro de Medio Ambiente, desprazouse camiñando ata o tramo do Río Armenteira que temos moi preto do centro. Unha vez alí, organizados por grupos, comezamos co traballo de limpeza tendo que retirar plásticos, cabichas, papeis e... ata unha tixola!
Agora o traballo continúa nas aulas analizando a información obtida e procurando estratexias para mellorar a nosa fermosa contorna.
Parabéns ao alumnado pois amosouse moi implicado na actividade ao tempo que amosaba preocupación por manter limpa a súa vila.
Grazas ao Concello pola colaboración, a Camilo pola súa axuda sempre e á organización do Proxecto Ríos achegando toda a información necesaria así como unhas bonitas camisetas de agasallo para o alumnado.
Dende hoxe día 8 de setembro o colexio comeza o seu curso 22-23 co horario habitual de 9:00 a 14:00 horas (excepto o alumnado de 4º de Educación Infantil que se atopa no período de adaptación).
En canto ás normas de organización e funcionamento do centro relativas á COVID 19 compartimos Sa últimaS actualizacións do Ministerio de Sanidade así como da Consellería de Educación para os centros educativos.
Toda a información anterior así como o relativo a cada curso escolar tratarase de maneira detallada nas reunións iniciais de cada ciclo co seu titor ou titora. Estas reunións terán lugar nas seguintes datas:
1º CICLO: martes 20 de setembro ás 17:00 horas (Aula de 1º ciclo)
2º CICLO: martes 20 de setembro ás 17:30 horas (Aula do 2º ciclo)
3º CICLO: martes 20 de setembro ás 18:00 horas (Aula do 3º ciclo)
Dende hoxe día 8 de setembro o colexio comeza o seu curso 22-23 co horario habitual de 9:00 a 14:00 horas (excepto o alumnado de 4º de Educación Infantil que se atopa no período de adaptación).
En canto ás normas de organización e funcionamento do centro relativas á COVID 19 compartimos no documento adxunto a última actualización (5/9/2022) do Ministerio de Sanidade así como da Consellería para os centros educativos.
Toda a información anterior así como o relativo a cada curso escolar tratarase de maneira detallada nas reunións iniciais de cada ciclo co seu titor ou titora. Estas reunións terán lugar nas seguintes datas:
1º CICLO: martes 20 de setembro ás 17:00 horas (Aula de 1º ciclo).
2º CICLO: martes 20 de setembro ás 17:30 horas (Aula do 2º ciclo).
3º CICLO: martes 20 de setembro ás 18:00 horas (Aula do 3º ciclo).
Este ano dende o CEIP Armenteira enrolámonos na "Milla diaria" dentro do Plan Proxecta. Se trata de camiñar unha milla diaria co alumnado e os obxectivos principais deste programa son favorecer o incremento da actividade física entre o alumnado, establecer hábitos de vida saudables para combater o sedentarismo ou favorecer o contacto coa natureza satisfacendo as necesidades de liberdade no medio natural dos nenos e nenas entre outros.
Este primeiro ano fomos introducindo pouco a pouco esta actividade nas sesións de Educación Física e horas de lectura con vistas a incrementalas horas nos vindeiros anos ata convertila nunha actividade diaria. Os nenos e nenas encargáronse de seleccionar, medir as distancias e poñer en práctica as rutas participando activamente no proxecto.
A continuación, se agregan os vídeos das rutas establecidas que se realizarzaron este ano.
https://www.youtube.com/watch?v=4E4DITF25Mk
https://www.youtube.com/watch?v=52zezWqh8AU
https://www.youtube.com/watch?v=M1oIEaAYAcw
https://www.youtube.com/watch?v=4E4DITF25Mk