DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Dende o 16 ata o 27 de novembro estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes para o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e en centros privados concertados no curso 2020/21.

 

MOI IMPORTANTE: NON TERÁ QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOSE BENEFICIARIO DA AXUDA PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR NO CURSO 2020/21, pois dito alumnado terá dereito á axuda das máscaras automáticamente.

 

Presentarán a solicitude presencialmente no centro as familias de alumnos/as que cumpran algunha das seguintes condicións:

 

1-  Ter unha renda per cápita igual ou inferior a 6000 € (exercicio do 2018)

2-  Alumnado matriculado en educación especial.

3-  Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

4-  Alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

Nos ficheiros adxuntos podedes consultar a orde e descargar o impreso da solicitude (tamén podedes solicitalo na escola)

Para calqueira dúbida chamade ao colexio.

AULA VIRTUAL, WEB E CORREO ELECTRÓNICO

Aí vos deixamos unhas instruccións que fixo o profe Fran para entrar na aula virtual, web do cole e correo.Aínda que el o fixo para o 2º ciclo, os pasos son mesmos dende infantil ata 4º de primaria ( en 5º e 6º utilizamos Edixgal).

Pinchade aquí abaixo onde pon "aula virtual" para abrir odocumento.

MAGOSTO 2020

Estimadas nais/pais:

informámosvos que este Martes 10 de Novembro, celebraremos o magosto na nosa escola, tomando medidas e precaucións. Por elo , pedimos que o luns os rapaces traian un puñadiño de castañas xa picadas. E os que poidan , uns anacos de leña ou carozos e piñas para facer o lume.

Gracias pola colaboración.

CABAZAS E SAMAÍN

Estimadas nais/pais:

A partir do luns que vén, luns 26 de Outubro, e ata o xoves 29, os nenos poderán traer as cabazas decoradas á escola.

Pero este ano debido ás circunstancias que estamos vivindo, pedimos que sexan cabazas PEQUENAS, fáciles de transportar , cabazas que poidan traer os rapaces. Haberá un concurso con premio á mellor cabaza de cada aula.

Informamos tamén que o venres 30 celebraremos o Samaín adaptándonos á nova situación. Ese día haberá distintas actividades ao longo do día e os rapaces poderán vir disfrazados. Se tedes calqueira dúbida chámade ó colexio.

Sen máis , saudos e saude dende a escola.

Distribuir contido