AVALIACIÓNS DIAGNÓSTICO PARA 4º DE EP

O próximo 10 e 11 de abril terán lugar as avaliacións de diagnóstico para o alumnado de 4º de E.P.Unha avaliación do sistema educativo dentro do marco de aplicación da LOMLOE.

Será unha avaliación anónima e confidencial que non tera efectos académicos no expediente do alumnado.

As competencias avaliadas serán: competencia matemática e lingüística (lingua galega, lingua castelá e inglés).

Haberá adaptacións para o alumnado con necesidades de apoio educativo.

Se queres mais información pincha no seguinte elance:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/35966

Adxuntamos información para as familias sobre o proceso.

Cando se acerque a data, mandaremos un abalar informativo.

Un saúdo.

Vacacións de Semana Santa

O periodo de vacacións de Semana Santa será dende: o 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024 ambos inclusive.

Vémonos de novo o día 2 de abril!.

Paco Nogueiras coas nenas e nenos de Educación Infantil

Hoxe recibimos a visita de Paco Nogueiras (grazas a subscripción que a biblioteca mantén coa editorial kalandraka), coa sua maleta chea de contos e música, da que disfrutaron os mais pequenos e pequenas do colexio.

Os contos que nos contou e cantou: Animais, A visita, A araña moi ocupada, Ratos da escola, O elefante que perdou o seu ollo, Un dous tres montruo ti es; están dispoñibles na biblioteca para que poidades volver a disfrutar deles.

Estamos en Semifinais!!!

Os/as alumnos/as de 6º que participan no concurso Ecopreguntoiro do programa Ecovoz de RadioVoz, resultaron gañadores de esta 2ºfase, co cal estan xa nas semifinais.

O programa grabouse hoxe e emitirase o venres 12 de abril.

NORABOA!!!

RECORDATORIO!!!

Aínda esta aberto o perido de admisión para o curso 2024/25 para novo ingreso ou cambio de centro.

Se aínda non solicitaches, tes tres días para facelo. Non te esquezas.

 

Contacontos: O TESOURO

Seguindo coas actividade do 8M, hoxe tivemos no cole a Lele e Tegra de Trécola Teatro, que nos trouxeron un contacontos (representacion teatral) co título: "O Tesouro", cunha magnifica mensaxe final:

"O noso maior tesouro é que todos sexamos como queiramos ser, sen importarnos o que digan os demais"

Teatro: HUGO para 3º e 4º de EP

O alumnado de 3º e 4º de EP foi hoxe ao Auditorio a ver a representacion teatral que leva por título:"Hugo".

Esta obra aborda o tema do autismo na infancia con moita sensibilidade e empatía, ademáis fala da diversiade, da convivencia e da beleza de ser diferentes.

APERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/2025

Admisión e Matrícula para o curso 2024/2025

PARA O ALUMNADO NOVO NO CENTRO

PRAZOS

Prazo de Presentación de Solicitudes: do 01 ata o 20 de Marzo.

Presentación de documentación para acreditar os criterios (no caso de baremar): do 24 de Marzo ata o 6 de Abril.

Listas Provisionais: día 22 de Abril.

Reclamacións: dende o 24 de Abril ata o 30 de Abril.

Listas definitivas: 13 de Maio.

Formalización da Matrícula: dende o 20 de Xuño ao 30 de Xuño.

PROCEDEMENTO

1- Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro a través da aplicación: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

2-Cubrir a solicitude e asinala na sede electrónica.

3- Cubrir a solicitude e presentala asinada presencialmente no centro.

MODELO SOLICITUDE

-AnexoII Galego

-Anexo II Castelan

 DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR Á SOLICITUDE PARA O CURSO 2024/2025

-Fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten) e dos seus pais.

-Copia do libro de familia.

-Certificado oficial do expediente académico no casa de solicitar praza para os cursos de 2º a 6º de EP.

-Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de selo caso.

-De selo caso, documentación que acredite discapacidade física, psiquica ou sensorial, de sobredotación intelectual ou de transtornos graves de conducta do alumno/a.

-De selo caso, informe dos servicios sociais competentes que acrdite situación desfavorable como consecuencia de factores sociais, económicos ou culturais.

 

Semana Rosalía

A semana próxima continuaremos coas actividades  adicadas a Rosalía que comezamos hoxe co motivo do seu día.

Dia de Rosalía

Hoxe no cole tivemos unha actividade promovida pola ANPA, para darlle a coñecer ao alumnado a figura de Rosalía de Castro, e o que representa para a cultura e lingua galega.

Por iso estiveron no colexio Lele e Tegra de Trécola Teatro, que fixeron un percorrido polas aulas cun pequeno espectáculo adaptado aos diferentes ciclos. Mirade a montaxe que preparamos e o ben que recitaron os/as nosos/as nenos/as.

Distribuir contido