Exxperimenta en femenino
O alumnado de 6º de EP acudiu a actividade Exxperimenta en Feminino que se levou a cabo no Campus de Ourense co motivo do Dia Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
Exxperimenta en feminino é unha actividade divulgativa na que se presenta talleres científicos e tecnolóxicos guiados por mulleres do Campus no que poden participar os estudantes non univeristarios.
Foi unha gran experiencia, as/os nenas/nenos viñeron moi motivados e as súas titoras tamén.
Gracias as organizadoras desta xornada por esta experiencia.
Podedes ver imaxes deste dia no seguinte vídeo.
DESFILE ENTROIDO
Este venres tivo lugar o desfile de entroido no noso cole. Por mor da choiva tivemos que cancelar o noso desfile pola rúa e trasladámolo ao polideportivo do cole.
A pesar da choiva os/as nenos/as pasáronno moi ben e puideron mostrar os seu disfraces aos seus compañeiros/as e as súas familias.
DEGUSTACIÓN DE ORELLAS DE ENTROIDO
Hoxe a AMPA do noso cole invitou a toda a nosa comunidade eucativa a unha degustación de orellas de entroido.
Queremos darlles as GRAZAS por esta invitación, e decirlle que estaban boííííísimasssssss.....
NORABOA AO NOSO EQUIPO DE 6º DE EP
Hoxe as/os alumnas/os de 6º de EP participaron no concurso do Ecopreguntoiro, que se leva a cabo dentro do programa Ecovoz de Radio Voz.
Nesta primeira fase resultaron GAÑADORES, nunha rolda de preguntas que lles permite pasar a seguinte fase.
Dende o Centro queremos darlle a NORABOA, tanto ao equipo como as súas profes.
Entroido: Felos e Madamas de Esgos
Onte martes, estiveron no cole "Os Felos e as Madamas de Esgos". Contaronnos de forma breve como son os seus traxes ( que non son disfraces), e as súas máscaras. E como celebran o entroido e a súa tradición.
Queremos agradecer a AMPA a súa colaboración nestas actividades que fan que o noso alumnado coñeza o entroido máis próximo.
Charla contra o Acoso Escolar
O luns o alumnado de 5º e 6º tivo unha charla sobre o Acoso Escolar enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos.
Día da Paz 2024
Hoxe celebramos no centro o Día da Paz, como remate final a unha semana na que dende as aulas se levaron a cabo diferentes actividades para traballar este día.
A continuación deixámosvos un vídeo coas actuacións que hoxe tivemos.
Recordade a Paz non se celebra só hoxe, senon que todos os días debemos vivir en Paz.
Entroido: AS PITAS DE EIROÁS
Hoxe no cole recibimos a visita das "PITAS DE EIROÁS".Contaronnos de forma breve a historia do orixe do entroido de Eiroás, explicáronnos como son os seus traxes e máscaras.
Regaláronos a cada nivel unha ola de barro para que os nenos/as as pinten e decoren para logo eles lanzalas e celebrar o seu "Domingo Oleiro".
(Grazas a AMPA pola súa colaboración nestas actividades de entroido)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »