Así é o noso cole

Esta é unha pequena presentación das instalacións do noso cole. Recordade que podedes vir a coñecernos na Xornada de Portas Abertas que organizamos este MÉRCORES 21 de Febreiro as 17:00h. Se non poideses vir, chama o centro para organizar unha visita noutro día.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS CURSO 24-25

O vindeiro 21 de febreiro ás 17:00 h, o centro organiza unha nova Xornada de Portas Abertas.

Se buscades cole para os vosos fill@s, visítanos e poderedes: ver o cole, asistir a unha presentación sobre o funcionamento deste, e responderemos as dúbidas que vos xurdan... etc.

Se non podedes acudir, nesta data, chamade o cole (988783092) e  solicitades.unha visita con cita previa.

Escoita o que ofrecemos da man do noso alumnado en RadioVoz (Preme aquí para Escoitar mp3

 

Exxperimenta en femenino

O alumnado de 6º de EP acudiu a actividade Exxperimenta en Feminino que se levou a cabo no Campus de Ourense co motivo do Dia Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.

Exxperimenta en feminino é unha actividade divulgativa na que se presenta talleres científicos e tecnolóxicos guiados por mulleres do Campus no que poden participar os estudantes non univeristarios.

Foi unha gran experiencia, as/os nenas/nenos viñeron moi motivados e as súas titoras tamén.

Gracias as organizadoras desta xornada por esta experiencia.

Podedes ver imaxes deste dia no seguinte vídeo.

DESFILE ENTROIDO

Este venres tivo lugar o desfile de entroido no noso cole. Por mor da choiva tivemos que cancelar o noso desfile pola rúa e trasladámolo ao polideportivo do cole.

A pesar da choiva os/as nenos/as pasáronno moi ben e puideron mostrar os seu disfraces aos seus compañeiros/as e as súas familias.

 

DEGUSTACIÓN DE ORELLAS DE ENTROIDO

Hoxe a AMPA do noso cole invitou a toda a nosa comunidade eucativa a unha degustación de orellas de entroido.

Queremos darlles as GRAZAS por esta invitación, e decirlle que estaban boííííísimasssssss.....

NORABOA AO NOSO EQUIPO DE 6º DE EP

Hoxe as/os alumnas/os de 6º de EP participaron no concurso do Ecopreguntoiro, que se leva a cabo dentro do programa Ecovoz de Radio Voz.

Nesta primeira fase resultaron GAÑADORES, nunha rolda de preguntas que lles permite pasar a seguinte fase.

Dende o Centro queremos darlle a NORABOA, tanto ao equipo como as súas profes.

Entroido: Felos e Madamas de Esgos

Onte martes, estiveron no cole "Os Felos e as Madamas de Esgos". Contaronnos de forma breve como son os seus traxes ( que non son disfraces), e as súas máscaras. E como celebran o entroido e a súa tradición.

Queremos agradecer a AMPA a súa colaboración nestas actividades que fan que o noso alumnado coñeza o entroido máis próximo.

Charla contra o Acoso Escolar

O luns o alumnado de 5º e 6º tivo unha charla sobre o Acoso Escolar enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos.

 

Mandados do Meco

O Entroido xa comeza e  con el os Mandados do Meco

 

Distribuir contido