Pupas, sustos e outros disgustos

O alumnado de 3º e 4º de EP ven de participar nesta semana no  taller de "Pupas, sustos e outros disgustos" no que aprenderon a  ser responsables no seu autocoidado e a como actuar ante unha emerxencia (ferida, golpes, febre, etc..).

Moitas gracias ós/ás profesionais sanitarios que levaron a cabo esta actividade, ó profesorado e como non ós/ás nosos/as alumnos/as que participaron activamente nesta actividade. (Preme na imaxe para ver máis fotos desta actividade)

Educando por unha sociedade máis igualitaria

A AMPA do CEIP A Ponte levou a cabo durante este mes de novembro unha serie de actividades coas familias e o alumnado en torno ó tema da Igualdade e a Non violencia por razón de xénero.

Realizáronse varias actividades/obradoiros con diferentes enfoques segundo as idades do alumnado,

As charlas comezaron o xoves 16 para os mais maiores do cole e continuaron o venres para o segundo ciclo, e 5º de primaria.

O venres 24 co alumnado de 3º a 6º levárase a cabo unha actuación musical como punto final as actividades levadas a cabo con estes grupos.(Se pinchas na imaxe veras mais fotos deste día)

Hoxe luns 27, é  o turno dos máis pequenos do cole.

 Para EI leron os contos de "Guapa" e o de "Maruxa"

Para 1º e 2º de EP tamén fixeron un contacontos:

 

 

Corre Corre cabaciña

Durante o mes de outubro os nenos e nenas de 5 anos de EI traballaron coa profe Marisa de apoio a EI o conto "Corre, corre cabaciña"

Como producto final de todo o traballo feito , fixeron un vídeo onde representan este conto.

Quedoulles moi chulo! Fixeron un gran traballo!

Polo San Martiño, Peóns o camiño

Durante o mes de outubro todas as aulas estiveron a facer peonzas con material de refugallo do cole (CDs).

O alumnado decorou ó seu gusto as peonzas, e logo puxéronse a rodar polo San Martiño!

Podedes ver no vídeo unha pequena mostra do traballo que fixeron nas aulas.

Magosto 2023

O venres celebramos no Cole o noso Magosto. 

 

Samaín 2023

SAMAÍN 2023

 

O pasado martes 31 de outubro do 2023 pasamos un terrorífico Samaín no CEIP A Ponte, deixámosvos por aquí algunhas horripiantes imaxes:

 

 Tedes máis imaxes na galería desta páxina web.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipaponteourense/galeria/

 

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

En setembro o alumnado de 6º de educación primaria asistiu ao circuíto da "Semana europea da mobilidade sostible". 

GARAVANCIÑO COME SANIÑO

Garavanciño come saniño

 

O alumnado de 1º a 4º de educación primaria participou durante o mes de outubro en varios obradoiros relacionados ca boa alimentación e a saúde, no programa "Garavanciño come saniño". 

 

Distribuir contido