Recomendacións áreas

Recomendacións relixión

Desde a área de relixión tamén queremos facervos chegar algunhas recomendacións para estes días nos que estaremos sen vernos:

  1. De 1º a 3º curso recoméndase 10 minutos diarios de lectura, e de 20 a 30 para o alumnado dos cursos superiores.
  2. O alumnado de 1º e 2º pode facer un debuxo da súa familia.
  3. De 3º a 6º elaborarán un comic ou un conto, ao que lle iremos dando un pouco de forma cada día. O título do conto será "Había unha vez un/ha neno/a solidario/a".

Un bico moi grande a todos/as e que todo este tempo que temos que estar na casiña nos sirva para desfrutar da familia.

Ata pronto.

Isabel.

Recomendacións Educación Física

Estes días que pasemos na casa tamén poden ser aproveitados para a adquisición de hábitos saudables.

Recomendacións EF

Máis EF

Actividades recomendadas para o alumnado de educación infantil

Presentamos a continuación unha serie de recomendacións pedagóxicas para o alumnado de educación infantil durante o tempo que teña que permanecer na casa sen asistencia ao centro.

Recomendacións educación infantil

Recomendacións psicomotricidade