Relixión

Fagamos unha palma

00/00/

Deixamos un enlace a un vídeo no que explica como facer unha palma, para ocuparnos nestes días.

Recomendacións relixión

00/00/

Desde a área de relixión tamén queremos facervos chegar algunhas recomendacións para estes días nos que estaremos sen vernos:

  1. De 1º a 3º curso recoméndase 10 minutos diarios de lectura, e de 20 a 30 para o alumnado dos cursos superiores.
  2. O alumnado de 1º e 2º pode facer un debuxo da súa familia.
  3. De 3º a 6º elaborarán un comic ou un conto, ao que lle iremos dando un pouco de forma cada día. O título do conto será "Había unha vez un/ha neno/a solidario/a".

Un bico moi grande a todos/as e que todo este tempo que temos que estar na casiña nos sirva para desfrutar da familia.

Ata pronto.

Isabel.