Recordando vellos tempos, sempre pode xurdir algunha idea ;)
Estes días que pasemos na casa tamén poden ser aproveitados para a adquisición de hábitos saudables.
O baile aumenta a flexibilidade, a forza, a resistencia física e sobre todo mellora a autoestima, as habilidades sociais e a capacidade para enfrontar os problemas do día a día. O martes 3 contamos coa colaboración de Pepe para facer un pequeno taller de salsa e o venres 6 coa colaboración de Eloy para realizar outro de Bachata cos grupos de 5º e 6º.
O sistema vestibular ten por obxectivo estabilizar a escena visual durante o movemento e desprazamento do corpo ou da cabeza. O desenvolvemento do equilibrio é importante para a maduración motriz. Os movementos rotativos, de balanceo, xiros... aportan unha importante estimulación a este sentido. Unha boa maneira de prever o vértigo, as dificultades visuais e do equilibrio ou movilidade.
Os nosos grandes olvidados, os pés, hoxe sentíronse máis presentes neste percorrido polas espaldeiras. Gardados nos zapatos están todos os días e saen deles para meterse na cama ou cando vén o verán tocar area. Así é, que en Psicomotricidade cando poñemos os calcetíns e nos preparamos para traballar con eles din... NOOOON. A rixidez que teñen no día a día pode producir algunhas molestias puntuais nas actividades. Pouco a pouco foise gañando maior soltura neles, tonicidade e sobre todo comezáronse a sentir.
Esta semana aproveitamos a semana da muller na ciencia para lembrar a moitas delas como pioneiras no deporte. Por exemplo, Marie Curie empregou o ciclismo como fonte de relaxación e inspiración. O seu gusto polo ciclismo era tal, que a súa lúa de mel foi pola Bretaña Francesa en bicicleta. Ó mellor se estivese con nós, nuns anos veríamola no Tour de France!
O alumnado de 4º, 5º e 6º tiveron a oportunidade de coñecer un pouco máis de cerca o mundo da esgrima da man do Club Compostela Esgrima.
O venres, 29 de novembro, o alumnado de 4º e 6º participou nunha proba de campo a través celebrada en Ribeira na que coincidimos con outros moitos centros da comarca.
Nos seguintes enlaces podedes atopar as clasificacións individuais e por equipos:
Individual masculino | Individual femenino | Equipos masculino | Equipos femenino | |
Alevín | Clasificación AIF | Clasificación AEM | Clasificación AEF | |
Infantil | Clasificación IIM | Clasificación IIF | Clasificación IEM | Clasificación IEF |
No seguinte enlace podedes atopar máis fotos dese día:
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |