Dinamización biblioteca

DECÁLOGO LECTOR

DEREITOS IMPRESCRIPTIBLES DOS LECTORES

 

Dende a nosa Biblioteca queremos compartir con todos vós este "Decálogo Lector" que nos pareceu ben apropiado, do escritor francés Daniel Pennac, autor de libros como "Coma unha novela", "Mal de escola", "A fada Carabina", "A felicidade dos ogros"... Así como a seguinte frase, moi acaída nestes tempos tan tecnolóxicos onde o móbil é o rei:

O deber de educar consiste, ao ensinar aos nenos e nenas a ler, ao inicialos na literatura, en darlles os medios de xulgar libremente se sinten ou non a "necesidade dos libros"."Como unha novela" (1992)

DÍA DAS LIBRARÍAS!!

E TI, DE QUE LIBRARÍA VES SENDO?

O vindeiro 13 de novembro celébrase, dende o 2011, o Día das Librarías. Promovido por CEGAL e a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte.

En Galicia está incluída no Calendario do Libro e a Lectura.

Debemos reivindicar as librarías de proximidade, aquelas que van máis alá da venda de libros, as que forman parte da vida da xente nas vilas pequenas ou cidades grandes.

CORRE, CORRE

AGASALLO!!!

Mouchiños e mouchiñas, dende hai uns días temos un novo libro na nosa biblioteca. Un libro moi especial xa que é un agasallo da profe Zaida!!! Que ademais é a tradutora!!!

O libro conta como sempre andamos apurados e corremos para todo e ás veces deixamos o verdadeiramente importante atrás. 

Pero sí que podes correr para vir buscalo!!!

                                                         

 

 

      

                             

                              

                                              

 

 

CIENTÍFICAS GALEGAS

 

Con motivo do Mes da Ciencia, dende a biblioteca escolar queremos poñer en valor o traballo destas mulleres no eido científico e que en moitas ocasións queda esquecido.

Preme na imaxe para coñecer o traballo de (na imaxe), Olimpia Valencia, Ángeles Alvariño, Antonia Ferrín, María Wonenburger, Tarsy Carballas, Inmaculada Paz Andrade  e outras 15 mulleres que marcaron e marcan o camiño na excelencia investigadora. 

Non están todas as que son, pero sí son todas as que están. 

Revista GCIENCIA.

 

PROTOCOLO COVID 19

NORMAS DE USO DA BIBLIOTECA ESCOLAR

 

Durante este curso e debido a alerta sanitaria que estamos a vivir, dende o equipo da biblioteca e coa axuda de todo o claustro de mestres e mestras, elaborouse un protocolo de utilización da biblioteca. 

Sobre todo durante o primeiro trimestre e ata que non se modifiquen as diferentes normas de uso que rixen tamén para todo o centro serán de obrigado cumprimento.

Preme no seguinte enlace para velo

PROTOCOLO COVID19

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA

Igual que en cursos anteriores, dende a biblioteca do cole queremos animarvos a investigar, a ler, a crear, a experimentar.

Este ano non poderemos facer as exposicións nos corredores coma o ano pasado, nin levar os nosos experimentos as outras aulas para que os vexan os compañeiros e compañeiras e así explicarlles como fixemos. Pero o que si podemos facer é unha serie de fotos ou un video e mostralo aquí mesmo, na páxina web do centro, ou na aula virtual, ou crear un album na galería de fotos para compartilas con toda a comunidade... Incluso podemos utilizar os proxectores das aulas e visualizar alí o traballo de todos

Animádevos a disfrutar con estas actividades e a aprender con todos os libros que podedes atopar nas bibliotecas ou nas librerías.

Aquí vos deixamos uns links onde poderedes observar as distintas densidades dalgúns líquidos, os resultados de mezclar diferentes substancias... Preme nos seguintes:

Xogos científicos

Ciencia divertida

Ciencia en galego

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

24 DE OUTUBRO

 

 

 

                              

Dende 1997, a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil promove esta celebración en lembranza do incendio da biblioteca de Sarajevo durante o conflito dos Balcáns en 1992 e co obxectivo de concienciar á sociedade sobre a importancia da lectura.

"A edición deste ano, baixo o lema 'Bibliotecas, sempre ao teu carón' céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia"

                   

       

 

Recomendacións verán

SELECCIÓN DE TEXTOS VERÁN 2020

Bo día, mouchiñas e mouchiños!!

Rematamos o curso e Merlín quixo deixarvos unha pequena selección de libros para que vos animedes a seguir lendo durante as vacacións. Non se daba decidido porque lle gustan moito os libros e non sabía cal poñer. Dende o equipo da biblioteca estivemos axudándolle e isto foi o que saíu.      Preme na foto para acceder ao pdf

Esperamos que pasedes un bo verán!! Ata a volta!!

28 DE XUÑO

DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTB

O 28 de xuño de cada ano celebramos o Día Internacional do Orgullo LGTB, tamén coñecido como Día do Orgullo Gai, que conmemora os disturbios producidos ese mesmo día pero do ano 1969 en Stonewall, un bar de Nova Iorque, onde a comunidade LGTB loitou contra a persecución dos homosexuais.

Este día ten como obxectivo a loita pola dignidade das persoas que forman parte do colectivo LGTB (Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais) celebrando eventos e marchas do Orgullo para continuar co movemento de libreación homosexual.

O símbolo máis extendido é a bandeira coas cores do arco da vella, que adoitan trasladarse á roupa, pelo, pel... convertindo estas celebracións en marchas moi coloridas.

Na aula virtual puidestes aprender cada día un pouquiño de historia, coñecer xente que dende hai tempo reivindica a liberdade de amar a quen cada un queira, libros que nos ensinan a respetar, comprender e empatizar cos demais ainda que non sintan as mesmas inquietudes. 

Aquí podedes ver unha selección de libros que tratan a diversidade, a tolerancia, o rol de xénero, a aceptación de un mesmo, a igualdade... Preme en cada imaxe para ver a ficha do libro ou un video.

 

 

 

     
       
       

XA PODEMOS IR Á BIBLIO!!

MOUCHIÑOS E MOUCHIÑAS!! XA PODEMOS VISITAR A BIBLIOTECA!!! 

A municipal, claro!! A nosa biblio do cole segue pechada pero alí está Merlín coidando moi ben dos nosos tesouriños que son os libros e que nos contan fermosas historias e nos mostran mundos e culturas que doutro xeito non poderiamos coñecer.