SELECCIÓN DE TEXTOS VERÁN 2020
Bo día, mouchiñas e mouchiños!!
Rematamos o curso e Merlín quixo deixarvos unha pequena selección de libros para que vos animedes a seguir lendo durante as vacacións. Non se daba decidido porque lle gustan moito os libros e non sabía cal poñer. Dende o equipo da biblioteca estivemos axudándolle e isto foi o que saíu. Preme na foto para acceder ao pdf
Esperamos que pasedes un bo verán!! Ata a volta!!