blogue deDirección do Centro

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Dende as Concellerías de Promoción Económica e  de Igualdade, realizouse unha peza audiovisual para dar visibilidade á muller na ciencia e a innovación, mostrando distintas iniciativas que, dende o eido privado e público, se están a desenvolver por mulleres e nenas de Ames. No vídeo, que se publicará este xoves, 11 de febreiro, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, aparecen alumnas dos centros escolares de titularidade pública: IES de Ames, IES do Milladoiro, CEIP de Barouta, CEP Plurilingüe de Ventín, CEIP A Maía e CEIP Agro do Muíño. Ademais, das alumnas cóntase coa colaboración de mulleres do ámbito da ciencia e innovación de empresas con dese en Ames como Conic Vascular España, Bahía Software e Tecalis, así como cunha investigadora matemática e coa médico e xefa de servizo do centro de saúde do Milladoiro.

Os nosos parabens  e agradecemento a todas as participantes neste vídeo divulgación por visibilizar, poñendo voz e  opinión para amosarnos a labor que, tanto rapazas como adultas, realizan no sector da ciencia. 

Un agradecemento especial para as nosas alumnas Aldara Domínguez e Candela Penedo pola vosa magnífica colaboración.

Podedes ver o vídeo completo neste enlace 

PLAN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 21_22

COMO ENTRAR NA AULA VIRTUAL PASO A PASO

Recomendamos facer isto nun ordenador e non nun dispositivo móbil.

O primeiro é buscar no voso navegador de confianza a dirección da aula virtual:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/aulavirtual/

1- Busca na marxe superior dereita da Aula virtual esta mensaxe "Vostede non se identificou. (Acceder)" ou "Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)". 

2- Preme en ACCEDER.

3- Na sección onde pon ACCEDER, na caixa de NOME DE USUARIO escribe o nome de usuario do alumno ou alumna.

CAL É O NOME DE USUARIO?

O usuario de cada alumno/a é o seu nome e apelidos en minúscula, sen acentos e sen til, polo que se os datos teñen “Ñ” hai que cambiar o “Ñ” por un “n”. O nome ou nomes, en caso de compostos, estarán separados dos apelidos por un punto (.)

É dicir: nomes separados por puntos, apelidos todos xuntos seguidos.

Exemplos (Aclaración: As combinacións de nome e apelidos que se usan para este exemplo, non son de alumnado real, son exemplos)

NOME E APELIDOS SIMPLES: Ana López Iglesias sería ana.lopeziglesias

NOME COMPOSTO: Ana María López Iglesias sería ana.maria.lopeziglesias; María del Carmen López Iglesias sería maria.del.carmen.lopeziglesias.

APELIDO COMPOSTO: Ana López de la Iglesia sería ana.lopezdelaiglesia; Breixo Núñez da Costa sería breixo.nunezdacosta.

NOME OU APELIDO CON “Ñ”: Ana López Vilariño sería ana.lopezvilarino.

4- Si,xa sabemos que é a túa primeira vez aquí, pero NON ENTRES en É esta a súa primeira vez aquí? nin en CREAR UNHA NOVA CONTANON ENTRES. As contas xa están feitas; tan só tedes que configuralas.

5- Agora tes que ingresar o contrasinal na caixa de abaixo.

Cal é o meu CONTRASINAL?

O contrasinal por defecto para este grupo é changeme. Despois de escribilo na caixa correspondente, pulsade o botón de ACCESO.

IMPORTANTE: Unha vez entredes o sistema vaivos obrigar a cambialo por un contrasinal que só saibades vós. Por favor, sede coidadosos ao elixilo e apuntádeo para non perdelo. É a vosa responsabilidade.

DOCUMENTO DE COMPROMISO E MODELO DE AUTOENQUISA

 

Estimadas familias, tal e como se indica no Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de galicia para o curso 2020-2021

 

Para a detección precoz no alumnado, estes (ou os seus pais/nais/titores/as legais) realizarán unha auto avaliación dos síntomas de forma diaria a fin de comprobar se estes son compatibles cunha infección por SARS-CoV-2 cuxos resultados non teñen que enviarse ao centro, pero si comunicar a ausencia. Utilizarase a enquisa clínico epidemiolóxica que se describe no Anexo I que debe realizarse, cada mañá, antes da chegada ao centro. Diante da aparición de polo menos un dos síntomas que aparece na enquisa os proxenitores ou titores non enviarán ao alumno/a á clase e solicitarán consulta co seu médico ou pediatra.

 

No suposto de alumnado que poida ter a condición de vulnerable como consecuencia de patoloxías (agudas ou crónicas) que provoquen dependencia os criterios sanitarios que rexerán asistencia a clase ou, de ser o caso, a escolarización domiciliaria serán os que recomende médico ou pediatra.

 

Igualmente, debedes cubrir o documento de declaración responsable e facelo chegar polo neno ou nena ao seu titor ou titora.

 

Podedes acceder dende este enlace á auto enquisa e dende aquí ao documento de declaración responsable.

 

Día de Rosalía de Castro

Este é o marabilloso vídeo que realizou o alumnado e profesorado de 6º de educación primaria para conmemorar o Día de Rosalía. 

AVISO IMPORTANTE: Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará hoxe, mércores día 18.12.2019 ás 09.00 horas e prolongarase ata as 18:00 horas. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da totalidade da provincia da Coruña e Pontevedra, a Mariña de Lugo e noroeste e montaña de Ourense.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

    1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
    2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
    3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

Convocatoria de folga e establecemento de servizos mínimos para o día 12/12/2019

Diversas organizacións sindicais comunicaron a convocatoria de folga que afectará o persoal docente, e que se desenvolverá desde as 00.00 horas ás 24.00 horas do día 12 de decembro de 2019.

Ante esta convocatoria e en previsión de que o persoal deste centro poida acollerse ao seu dereito á folga, establécense uns servizos mínimos para garantir a atención, vixilancia e coidado do alumnado, xa que o centro permanecerá aberto no seu horario habitual.

Segundo o disposto na ORDE do 28 de novembro de 2019 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 12 de decembro de 2019, terán a consideración de servizos mínimos para o persoal docente dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a dirección ou membro do equipo da dirección.

En virtude disto queda fixada co persoa responsable dos servizos mínimos A directora: Mª Isabel Abelleira Bardanca.

 

 

En Bertamiráns, 10 de decembro de 2019

Convocatoria de folga e establecemento de servizos mínimos para o día 12/12/2019

 

Diversas organizacións sindicais comunicaron a convocatoria de folga que afectará o persoal docente, e que se desenvolverá desde as 00.00 horas ás 24.00 horas do día 12 de decembro de 2019.

Ante esta convocatoria e en previsión de que o persoal deste centro poida acollerse ao seu dereito á folga, establécense uns servizos mínimos para garantir a atención, vixilancia e coidado do alumnado, xa que o centro permanecerá aberto no seu horario habitual.

Segundo o disposto na ORDE do 28 de novembro de 2019 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 12 de decembro de 2019, terán a consideración de servizos mínimos para o persoal docente dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a dirección ou membro do equipo da dirección.

En virtude disto queda fixada co persoa responsable dos servizos mínimos a directora: Mª Isabel Abelleira Bardanca.

 

 

En Bertamiráns, 10 de decembro de 2019

Distribuir contido