blogue deDirección do Centro

Premios #DígochoEu 2023-2024

 

O alumnado de 6º de educación primaria acada o galardón de prata nos III Premios 'DígochoEU', que recoñece os mellores vídeos sobre o fomento da língua galega na tarde de hoxe, 16 de maio.

Esta terceira edición recibiu máis dun cento de propostas de centros de toda Galicia, entre as que o xurado tivo que decidir, valorando a calidade lingüística e expresividade dos participantes, a súa orixinalidade e a innovación do contido.

 

Parabéns ao alumnado e ao seu profesorado!

 

#digochoEu

 

Charla informativa. A lingua galega: unha oportunidade.

Estimadas nais, pais, familias
 
Desde o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames deseñouse unha charla informativa que vai impartir o escritor e comunicador Manuel Núñez Singala, baixo o título A lingua galega: unha oportunidade.
 
Nesta charla afondarase dun xeito ben ameno na adquisión da ou das linguas e coñeceremos estratexias para aproveitar as posibilidades lingüísticas dunha comunidade bilingüe.
 
A charla será en aberto para todas as familias, profesionais da educación (profesorado, persoal das escolas infantís, monitorado...)  ou calquera outra persoa que poida estar interesada.
 
Será hoxe mércores, 15 de maio , ás 20.00 h na Casa da Cultura de Bertamirás e non é preciso inscrición previa.
 

Calendario escolar para o curso 2024/25

Publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/25 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Nela establécese que as actividades lectivas nas ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e réxime especial realizaranse desde o día 11 de setembro de 2024 ata o 20 de xuño de 2025, ambos incluídos, tendo en conta que para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva das clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (en diante, ABAU).

Dígochoeu no CEIP A MAÍA

O alumnado de 6º de educación primaria participou nun Dígochoeu, na que tanto eles con Digochiño aprenderon coas palabras olímpicas polisémicas.

 

 

Podedes ver o vídeo nesta ligazón

 

Novo escrito sobre seguridade viaria

Estimadas nais, país, familias

Como o 21 de marzo pedimos a vosa colaboración para facerlle chegar ao Concello de Ames  a petición dun novo paso de peóns e sabemos da resposta recibida, queremos comunicarvos que despois de abordalo en claustro o luns  e no consello escolar do centro hoxe mesmo, presentamos un novo escrito solicitando actuacións e respostas.

Moitas grazas pola vosa colaboración, seguiremos informándovos.

Podedes velo premendo aquí.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO en 4º de EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias,

 

Lembrarvos que mañá e pasado mañá a vosa filla ou o voso fillo deberá realizar as probas da avaliación de diagnóstico. Fará dúas nun día e outras dúas no seguinte día.

Esta avaliación carecerá de efectos académicos para o alumnado da Comunidade Autónoma de Galicia.

A finalidade da avaliación de diagnóstico é contribuír a determinar o nivel adquirido polo alumnado nas competencias das distintas áreas e materias de cara a promover que os centros elaboren propostas de actuación que contribúan a mellorar o nivel acadado polo seu alumnado nas ditas competencias, adopten medidas de mellora da calidade e da equidade da educación e orienten a práctica docente. En consecuencia, terá carácter informativo, formativo e orientador para os centros, para o profesorado, para o alumnado e as súas familias ou persoas titoras legais, e para o conxunto da comunidade educativa.

A información que se obteña destas probas será tida en conta polos centros para elaborar propostas de actuación que contribúan a mellorar o nivel de consecución acadado polo seu alumnado respecto dos obxectivos de área e materia, e que permitan adoptar medidas de mellora da calidade e a equidade da educación, e orienten a práctica docente. Así mesmo, será tida en conta, xunto cos demais datos obtidos na avaliación do proceso de ensino e aprendizaxe, para analizar, valorar e reorientar, se procede, as actuacións encamiñadas ao desenvolvemento do currículo da etapa.

 Esta proba realizarase en todos os centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas correspondentes ao cuarto curso de educación primaria.

As probas realizaranse en consonancia co marco teórico común de avaliación que, segundo establece o artigo 144 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, elaborarán, en colaboración, o Instituto Nacional de Avaliación Educativa e os organismos correspondentes das comunidades autónomas.

Podedes consultar máis información aquí.

Para nós, como centro educativo, é importante que todo o alumnado realice as probas.

Grazas pola vosa colaboración.

 

 

Avaliación de diagnóstico 2023/24. 4º de educaciín primaria

É unha avaliación do sistema educativo establecida na nova lei educativa estatal para todas as comunidades autónomas. Trátase dunha ferramenta para contribuír á mellora da calidade e da equidade da educación a través do coñecemento do grao de adquisición das distintas competencias por parte do alumnado.

Analizaranse as competencias matemática e en comunicación lingüística: Lingua Galega, Lingua Castelá e Lingua Estranxeira (Alemán, Inglés, Francés e Portugués segundo a matrícula do alumnado).

Non é unha avaliación do alumnado. Polo tanto, non hai datos nin cualificacións individuais, non hai información que incorporar ao expediente académico do alumno/a e non existirán informes con orientacións individualizadas.

En conclusión, a avaliación de diagnóstico non ten ningún efecto académico.

Máis información no documento ADXUNTO

Seguridade viaria no CEIP A MAÍA

Estimadas nais, pais, familias

 

Desde o curso 2015/16, levamos pedindo ao Concello de Ames, á Deputación de A Coruña e á Xunta de Galicia, a mellora da seguridade viaria no entorno do CEIP A MAÍA. Até o de agora, pese á nosa insistencia,  non conseguimos demasiado, xa que sempre houbo atrancos pola titularidade da rúa. Desde fai uns meses a titularidade pasou ao Concello de Ames e volvemos a solicitarlle as melloras, entre elas un paso de peóns para a o portal de entrada e saída do alumnado e algún tipo de  sinalización que se encadre dentro das chamadas “redutores de velocidade”, que como o seu propio nome indica, trátase de indicacións destinadas a aqueles vehículos que pasan por un tramo en concreto fágano a unha velocidade moi baixa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aproveitando que o Concello de Ames comezou onte a  executar  as obras de acondicionamento da AC-544, pedimos a vosa colaboración, si vos parece que as nosas petición son lóxicas e redundan na seguridade, non só do noso alumnado, senón de toda a comunidade educativa.

 

Ocórresenos que deberíamos enviar a petición -cada un a súa-  a través da canle de comunicación cidadá que ten o Concello de Ames: atencioncidada@concellodeames.gal  co seguinte texto:

 

"Pola seguridade do meu fillo/a, solicito un novo paso de peóns (á maiores do existente) e limitación e redutores de velocidade no tramo viario que afecta ao  CEIP A MAÍA".

 

Grazas pola vosa colaboración.

Equipo directivo e claustro de profesorado do CEIP A MAÍA

 

PORTAS ABERTAS EDUCACIÓN INFANTIL

 

 

ADMISIÓN 2024/25

Distribuir contido