blogue deDirección do Centro

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023/24

De acordo co compromiso de centro -recollido no Proxecto Educativo-  adoptado desde o 2019 de non empregar libros en educación infantil e de reducir nos primeiros cursos da educación primaria, faise pública a lista de libros para o curso 2023/24.

 

Educación Infantil: Non hai libros

 Educación primaria:

Poden consultar o listado de libros para 1º, 2º, 3º e 4º de  educación primaria para o  curso 2023/24 aquí

 

5º e 6º de primaria son cursos EDIXGAL, dispoñen dun entorno virtual de aprendizaxe. Non hai libros en formato papel.

 

Os listados de material para os distintos cursos, tanto de infantil como de primaria serán proporcionados unha vez comece o curso, directamente polas titoras ou titores.

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE TRANSPORTE ESCOLAR

As persoas interesadas no servizo de transporte escolar DEBEN FACER A SOLICITUDE (prazo do 15 ao 30 de xuño)  a través deste enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/?q=node/1160

Considerarase persoa usuaria con dereito a transporte escolar gratuíto o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios. Para poder ser usuario/a con dereito ao servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida ou contar cun ditame de escolarización forzosa emitido pola Administración Educativa. Neste senso, excepcionalmente, pode considerarse como domicilio do alumnado o daqueles familiares cos que o/a estudante efectivamente conviva.

Nestes supostos excepcionais non é suficiente a xustificación do domicilio mediante unha certificación do padrón municipal, sendo requisito imprescindible para a súa consideración a xustificación dunha convivencia real mediante certificación específica expedida para tal efecto polo concello, a partir de informes da Policía Local ou da Garda Civil, agás no caso de menores en situación de acollemento, no que as familias de acollida presentarán unha fotocopia da resolución ditada pola Xefatura Territorial da Consellería de Política Social.

Do mesmo xeito, para manter a condición de usuaria/o con dereito, é necesario que se faga un uso continuado do transporte escolar, entendido este como o uso repetitivo del en días fixos da totalidade das semanas do curso 2023-2024.

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PERTENCENTES AO FONDO DE LIBROS PARA A SÚA INCORPORACIÓN AO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2023/24

Segundo o indicado no Artigo 16 da ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24

 Ao rematar o curso 2022/23, o alumnado beneficiario de libros de texto do fondo, deberá devolvelo ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2023/24.

O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño de 2023.

 

O horario establecido polo centro para a devolución é o seguinte:

 

 

Luns 19 de xuño

Martes 20 de xuño

Mércores 21 de xuño

Mañá

De 9:15 h a 13:30h

De 9:15 h a 13:30h

De 9:15 h a 13:30h

Tarde

De 16:30h a 18:30h.

Non hai recollida

Non hai recollida

 

 

 

CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

Devolveranse baixo a supervisión de persoal da secretaría do centro, que comprobará se compren as condicións de devolución. 

Os libros deben ser devoltos en bo estado, forrados, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).

ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso.

 

As familias que libremente queiran doar os libros de texto de 3º ou 4º, adquiridos con fondos propios, para incorporar ao fondo solidario de libros do centro, poderán facelo nas mesmas datas e coas mesmas condicións de devolución.

 

 

DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DE TEXTO PERTENCENTES AO FONDO DE LIBROS PARA A SÚA INCORPORACIÓN AO FONDO SOLIDARIO PARA O CURSO 2023/24

Segundo o indicado no Artigo 16 da ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24

 Ao rematar o curso 2022/23, o alumnado beneficiario de libros de texto do fondo, deberá devolvelo ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2023/24.

O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño de 2023.

 

O horario establecido polo centro para a devolución é o seguinte:

 

 

Luns 19 de xuño

Martes 20 de xuño

Mércores 21 de xuño

Mañá

De 9:15 h a 13:30h

De 9:15 h a 13:30h

De 9:15 h a 13:30h

Tarde

De 16:30h a 18:30h.

Non hai recollida

Non hai recollida

 

 

 

CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

Devolveranse baixo a supervisión de persoal da secretaría do centro, que comprobará se compren as condicións de devolución. 

Os libros deben ser devoltos en bo estado, forrados, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).

ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso.

 

As familias que libremente queiran doar os libros de texto de 3º ou 4º, adquiridos con fondos propios, para incorporar ao fondo solidario de libros do centro, poderán facelo nas mesmas datas e coas mesmas condicións de devolución.

 

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

 

 

Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Texto da convocatoria:   ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Procedemento administrativo:     ED330B


 

Forma de presentación:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo (inicie premendo no icono de botón na esquina superior dereita da pantalla)
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo

 

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023.

Documentación:

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

1º. Certificado ou volante de convivencia.

2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Nos casos especiais, en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.

e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.

f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 

Calendario escolar para o curso 23_24

ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

O curso para educación infantil e primaria abranguerá dende o 11 de setembro de 2023 ata o 21 de xuño de 2024 ambos incluidos. 

Nadal: desde o día 22 de decembro de 2023 ata o día 7 de xaneiro de 2024.

Entroido: 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de 2024.

O día do ENSINO: 7 de decembro.

Días non lectivos en Maio

Durante este mes de maio teremos os seguintes días festivos e non lectivos:

  • Mércores 17: Día das Letras Galegas.
  • Xoves 18: Festivo local
  • Venres 19: non lectivo solicitado polo centro.

Convocatoria de axudas para alumnado con NEAE para o curso 2023/24

BOE - Convócanse, para o curso 2023-2024, axudas individualizadas para os alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

>> Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

>> Acceso á solicitudehttps://sede.educacion.gob.es/portada.html

AVISO IMPORTANTE: FOLGA DE TRANSPORTE INDEFINIDA

Segundo nos trasladan desde o Servizo de Recursos Educativos Complementarios da Xefatura Territorial de A Coruña, hai unha convocatoria de folga de transporte de viaxeiros en autobús por estrada que comezará previsiblemente o día 8 de maio de 2023 e presenta carácter indefinido.

Dita convocatoria pode afectar o transporte escolar nos centros educativos.

Por este motivo, ponse en coñecemento das familias do alumnado para que poidan prever e organizar un plan alternativo de consideralo necesario.

 

Enquisa de diagnose da convivencia 2023

 

 

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pon en marcha este curso académico a IV macroenquisa de diagnose da convivencia escolar, dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (alumnado a partir de 5º de educación primaria, profesorado, persoal non docente e familias).

Esta iniciativa enmárcase dentro da actual Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2025 e o prazo de participación estará aberto desde o 2 ata o 22 de maio, ambos os dous incluídos.

Os centros educativos establecerán as medidas necesarias para o acceso do alumnado ás aulas de informática para cubrir os cuestionarios. Do mesmo xeito, facilitarán a participación do profesorado e do persoal de administración e servizos.

En canto ás familias, a dirección do centro facilitaralles as claves de acceso coas indicacións precisas sobre como actuar.

 

Esta recollida de datos faise mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo, a través da aplicación:

 convivenciaxestion (https://www.edu.xunta.gal/convivenciaxestion/).

 

 

Distribuir contido