blogue deDirección do Centro

AVISO IMPORTANTE: FOLGA DE TRANSPORTES PARA OS DÍAS 27 e 28 de ABRIL

Segundo nos trasladan desde o Servizo de Recursos Educativos Complementarios da Xefatura Territorial de A Coruña e desde a empresa de transporte escolar, para mañá xoves 27 de abril  e pasado mañá venres 28 de abril,  hai convocada unha folga de transporte. Dita convocatoria pode afectar o transporte escolar nos centros educativos

Aínda que transporte escolar se considera “servizos mínimos”, desde a empresa trasládannos que non poden garantir que o servizo se poida realizar ao 100%, posto que só poden garantir as rutas cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros.

Por este motivo, ponse en coñecemento das familias do alumnado para que poidan prever e organizar un plan alternativo de consideralo necesario.

Enlace de descarga do documento. 

Charla: Uso seguro de internet e das novas tecnoloxías

 

 

Desde a ANPA CEIP A Maía queremos animarvos a asistir  a charla sobre o Uso das novas tecnoloxías. 

Solicitamos confirmación de asistencia, para calculo de aforo. Gracias.

 

https://forms.gle/UThsMKyuQqLvJRyr5

AVISO IMPORTANTE: FOLGA DE TRANSPORTE PARA MAÑÁ venres 31/03/2023

Segundo nos trasladan desde a empresa de transporte escolar, para mañá hai convocada unha folga de transporte. Dita convocatoria pode afectar o transporte escolar nos centros educativos

Aínda que transporte escolar se considera “servizos mínimos”, desde a empresa trasládannos que non poden garantir que o servizo se poida realizar ao 100%.

Por este motivo, ponse en coñecemento das familias do alumnado para que poidan prever e organizar un plan alternativo de consideralo necesario.

Enlace de descarga do documento:

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230330/AnuncioG0533-270323-0002_gl.html

ASINANDO O ACORDO DE COMPROMISO LINGÜÍSTICO

Preincrición e renovación dos servizos complementarios dependentes do Concello de Ames

O Concello de Ames abre os procesos de preinscrición e renovación dos servizos complementarios: Rede Municipal de Comedores Escolares, Bos Días Cole e Tardes Divertidas para o curso 2023-2024

Desde o 1 ao 31 de marzo estará aberto o prazo para preinscrición e/ou renovación dos servizos de conciliación do Concello de Ames.

Deberán preinscribirse os nenos e as nenas de novo ingreso e os que non estiveran dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación.

Deberán renovar aqueles que estean dados de alta nos servizos durante o prazo de renovación e queiran volver a facer uso dos mesmos no curso 2023-2024

Máis información no enderezo www.conciliames.gal

Modo galego, actívao!

 

Estimadas nais, pais, familias

A Real Academia Galega, o Concello de Ames e os centros educativos do concello decidimos desenvolver  colaborativamente O proxecto Modo galego, actívao!

O elemento central da experiencia consiste en establecer o compromiso entre o alumnado, o profesorado, o monitorado dos servizos complementarios e outros traballadores e traballadoras dos centros educativos de empregar o galego durante tres semanas.

Trátase de facer unha experiencia de inmersión ao estilo dos 21 días co galego, e artellarase mediante un blog que orientará diariamente o seu funcionamento. Cada entrada tratará dun asunto particular e poderá incluír distintos materiais e propostas. As e os titores, participando, adquiren o compromiso de revisar o blog todos os días co alumnado.

Podedes consultar o funcionamento do programa no seguinte enderezo Día 0 - En que consiste o programa de compromiso lingüístico? (academia.gal)

 

A lingua galega e o seu emprego habitual é un eixo fundamental do noso proxecto educativo, e entre todos os integrantes da comunidade educativa debemos potencialo, xa que forma parte da nosa identidade como pobo e forma parte do noso valioso patrimonio, por iso pedimos a vosa colaboración e implicación.

Un saúdo

 

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2023/24

O prazo de entrega de solicitudes é do 1 de marzo ata o 20 de marzo.

O proceso de admisión poderase facer telematicamente a través da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación ou presencialmente na secretaría do centro.

  • Aquí poden descargar a solicitude de admisión (Anexo II) en galego ou en castelán.
  • Na seguinte ligazón poden consultar o Calendario do proceso de admisión
  • Poden consultar as vacantes ofertadas para o curso 2023-2024 pulsando aqui.
  • A documentación que teñen que achegar coa solicitude poden descargala aqui.

 

Normativa relacionada

 

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Mandadiños do Meco e Venres de Entroido

Prezadas nais, pais, familias:

Como todos os anos, os nenos e nenas do CEIP A Maía póñense ás ordes do Meco. Seguindo a temática do cine, estes son os mandadiños que deberán cumprir a semana que ven.

Luns: Se a peli " Solo en casa" queres recordar, en pixama terás que quedar.

Martes: Se unha peli de indios queres filmar, unhas plumas e pinturas terás que apañar.

Mércores: Gústanche os súper heroes? Se queres voar unha capa de Superman deberás buscar.

Xoves: Teño unha idea excelente! Fai coma Willy Wonka e trae uns bos lentes.

Pódense facer de xeito acumulativo ou non. Lembrade que o venres deberán vir disfrazados igual cos do seu nivel.

Se o desexan, o venres poderán traer en vez da merenda habitual, algo típico do Entroido, para tomar na aula ou no recreo no momento da merenda.

Grazas pola vosa colaboración.

Distribuir contido