Modo galego, actívao!

 

Estimadas nais, pais, familias

A Real Academia Galega, o Concello de Ames e os centros educativos do concello decidimos desenvolver  colaborativamente O proxecto Modo galego, actívao!

O elemento central da experiencia consiste en establecer o compromiso entre o alumnado, o profesorado, o monitorado dos servizos complementarios e outros traballadores e traballadoras dos centros educativos de empregar o galego durante tres semanas.

Trátase de facer unha experiencia de inmersión ao estilo dos 21 días co galego, e artellarase mediante un blog que orientará diariamente o seu funcionamento. Cada entrada tratará dun asunto particular e poderá incluír distintos materiais e propostas. As e os titores, participando, adquiren o compromiso de revisar o blog todos os días co alumnado.

Podedes consultar o funcionamento do programa no seguinte enderezo Día 0 - En que consiste o programa de compromiso lingüístico? (academia.gal)

 

A lingua galega e o seu emprego habitual é un eixo fundamental do noso proxecto educativo, e entre todos os integrantes da comunidade educativa debemos potencialo, xa que forma parte da nosa identidade como pobo e forma parte do noso valioso patrimonio, por iso pedimos a vosa colaboración e implicación.

Un saúdo

 

AdxuntoTamaño
Acordo.pdf2.48 MB
Seguimento_EI.pdf1.17 MB