blogue deDirección do Centro

XORNADA DE PORTAS ABERTAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Vén a coñecer o noso centro e o proxecto educativo

 

2 de marzo de 2020 a partir das 16:30h.

 

Reserva a túa visita no  881 866 004

 

 

Reserva de praza no IES para o curso 2020/2021

Solicitude de Reserva

 Aberto do 1 ao 17 de Febreiro

 
 
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:

    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reservas --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.

     
  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica:
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes--> Reservas --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo I bis dixitalizado, donde se recolla a sinatura das persoas que autorizan ou non a consulta de datos interoperables. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
     
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro:

    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Proxecto Salvavidas: Espazo cardioprotexido

 

 

Estimadas nais, pais, familias

Dende a ANPA e o centro estamos a promover unha campaña solidaria para que o noso centro sexa un "espazo cardioprotexido" coa intalación de un desfibrilador. Esta iniciativa enmárcase dentro do Proxecto Salvavidas.

Para conseguilo pedimos a vosa colaboración mercando a pulseira solidaria coa que se pretende financiar o proxecto.

 

Para adquirilas é moi doado, todas as tardes haberá un membro da ANPA no centro, ou tamén dirixíndovos a calquera membro da directiva da ANPA.

 

Moitísimas grazas pola vosa xenerosa colaboración.

 

Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h mañá xoves día 16

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará mañá, xoves día 16.01.2020 ás 06.00 horas e prolongarase ata as 19:00 horas. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da totalidade das provincias de Pontevedra e A Coruña e a Mariña de Lugo.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIORnos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.
  2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.
  3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

AVISOS VARIOS

1.- Recollida solidaria de produtos de Nadal e de hixiene persoal

 

Nestes últimos días de trimestre queremos solicitar a vosa colaboración para unha recollida solidaria de produtos de nadal e produtos de hixiene persoal.

Podedes traelos até o venres 20 pola mañá e depositalos na conserxería do centro.

Forma parte dunha campaña do Concello de Ames, que culminará cunha andaina solidaria en favor do Banco de Alimentos Municipal, que se realizará o venres 20 de decembro ás 17:30h.

2.-  Entrega de boletíns

 

Os boletíns informativos entregaranse o venres 20 de decembro, igualmente, os que teñades acceso a Abalar Móbil, poderedes consultalo a través da aplicación.

3.- Vacacións de Nadal

 

Comprenderán desde o día 21 de decembro de 2019 ata o día 7 de xaneiro de 2020, ambos inclusive. É dicir, retomaremos a actividade lectiva o mércores 8 de xaneiro de 2020.

En nome de todo o persoal deste centro e no meu,  queremos agradecervos a vosa inestimable colaboración no noso día a día así como aproveitamos para desexarvos un feliz 2020!.

 

Recollida solidaria

Estimadas nais, pais, familias

Nestes últimos días de trimestre queremos solicitar a vosa colaboración para unha recollida solidaria de produtos de nadal e produtos de hixiene persoal.

Podedes traerlos até o venres 20 pola mañá e depositalos na conserxería do centro.

Forma parte dunha campaña do Concello de Ames, que culminará cunha andaina solidaria en favor do Banco de Alimentos Municipal, que se realizará o venres 20 de decembro ás 17:30h.

CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Os titores de 5º de primaria convocan unha reunión informativa conxunta sobre E-DIXGAL.

  • DATA: Luns 16 de setembro
  • HORA: 16:30
  • LUGAR: Aula de música (1º andar)

 

 

Un cordial saúdo dos titores de 5º

Educación Responsable

Concreción Curricular

Plan Igualdade

Distribuir contido