COMO ENTRAR NA AULA VIRTUAL PASO A PASO

Recomendamos facer isto nun ordenador e non nun dispositivo móbil.

O primeiro é buscar no voso navegador de confianza a dirección da aula virtual:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipamaia/aulavirtual/

1- Busca na marxe superior dereita da Aula virtual esta mensaxe "Vostede non se identificou. (Acceder)" ou "Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)". 

2- Preme en ACCEDER.

3- Na sección onde pon ACCEDER, na caixa de NOME DE USUARIO escribe o nome de usuario do alumno ou alumna.

CAL É O NOME DE USUARIO?

O usuario de cada alumno/a é o seu nome e apelidos en minúscula, sen acentos e sen til, polo que se os datos teñen “Ñ” hai que cambiar o “Ñ” por un “n”. O nome ou nomes, en caso de compostos, estarán separados dos apelidos por un punto (.)

É dicir: nomes separados por puntos, apelidos todos xuntos seguidos.

Exemplos (Aclaración: As combinacións de nome e apelidos que se usan para este exemplo, non son de alumnado real, son exemplos)

NOME E APELIDOS SIMPLES: Ana López Iglesias sería ana.lopeziglesias

NOME COMPOSTO: Ana María López Iglesias sería ana.maria.lopeziglesias; María del Carmen López Iglesias sería maria.del.carmen.lopeziglesias.

APELIDO COMPOSTO: Ana López de la Iglesia sería ana.lopezdelaiglesia; Breixo Núñez da Costa sería breixo.nunezdacosta.

NOME OU APELIDO CON “Ñ”: Ana López Vilariño sería ana.lopezvilarino.

4- Si,xa sabemos que é a túa primeira vez aquí, pero NON ENTRES en É esta a súa primeira vez aquí? nin en CREAR UNHA NOVA CONTANON ENTRES. As contas xa están feitas; tan só tedes que configuralas.

5- Agora tes que ingresar o contrasinal na caixa de abaixo.

Cal é o meu CONTRASINAL?

O contrasinal por defecto para este grupo é changeme. Despois de escribilo na caixa correspondente, pulsade o botón de ACCESO.

IMPORTANTE: Unha vez entredes o sistema vaivos obrigar a cambialo por un contrasinal que só saibades vós. Por favor, sede coidadosos ao elixilo e apuntádeo para non perdelo. É a vosa responsabilidade.