Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Dende as Concellerías de Promoción Económica e  de Igualdade, realizouse unha peza audiovisual para dar visibilidade á muller na ciencia e a innovación, mostrando distintas iniciativas que, dende o eido privado e público, se están a desenvolver por mulleres e nenas de Ames. No vídeo, que se publicará este xoves, 11 de febreiro, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, aparecen alumnas dos centros escolares de titularidade pública: IES de Ames, IES do Milladoiro, CEIP de Barouta, CEP Plurilingüe de Ventín, CEIP A Maía e CEIP Agro do Muíño. Ademais, das alumnas cóntase coa colaboración de mulleres do ámbito da ciencia e innovación de empresas con dese en Ames como Conic Vascular España, Bahía Software e Tecalis, así como cunha investigadora matemática e coa médico e xefa de servizo do centro de saúde do Milladoiro.

Os nosos parabens  e agradecemento a todas as participantes neste vídeo divulgación por visibilizar, poñendo voz e  opinión para amosarnos a labor que, tanto rapazas como adultas, realizan no sector da ciencia. 

Un agradecemento especial para as nosas alumnas Aldara Domínguez e Candela Penedo pola vosa magnífica colaboración.

Podedes ver o vídeo completo neste enlace