Secretaría
Vacantes alumnado curso 2020/21
Enviado por admin o Ven, 21/02/2020 - 07:09Prema AQUÍ para acceder ao listado de vacantes para próximo curso escolar 2020/21
Presentación solicitudes admisión alumnado curso 2020/21
Enviado por admin o Xov, 20/02/2020 - 14:46DO 1 AO 20 DE MARZO:
Ábrese o prazo para presentar as solicitudes de admisión para o curso 2020/21. O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente na secretaría do centro e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” e na páxina web da Consellería de Educación.
Presentarase a solicitude ANEXO II (ED550B) (descargar impreso en galego ou castelán) na secretaría do centro e acompañarase da seguinte documentación:
1º- Copia do DNI do neno/nena ou Libro de familia.
2º- Certificado de matrícula e certificación académica (se vén doutro centro).
3º- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación, se é o caso.
NOTA INFORMATIVA
• Só se pode presentar unha única solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza no 1º lugar. Se non fóra así, perderanse os dereitos de prioridade.
• Se hai alumnado matriculado neste centro que presenta solicitude de admisión noutro, deberá comunicalo ao centro de orixe.
• O alumnado con praza reservada, se presenta solicitude noutro, debe comunicar a renuncia da reserva antes do inicio do prazo.
• ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO: Parroquia de Lourizán, Pontemuíños e Avda Rosalía de Castro (desde intersección coa ponte da autoestrada AP-9, beirarrúa oeste).
• SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: Transporte escolar, Plan Madruga e Comedor escolar.
Normativa admisión alumnado 2020/21
Enviado por admin o Xov, 20/02/2020 - 14:29Normativa relacionada
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Calendario admisión alumnado curso 2020/21
Enviado por admin o Xov, 20/02/2020 - 14:22Prema AQUÍ para ver e descargar o calendario de admisión do alumnado.
ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020/21. RESERVA DE PRAZA NO IES TORRENTE BALLESTER
Enviado por admin o Lun, 03/02/2020 - 13:51DO 1 AO 17 DE FEBREIRO ábrese o prazo de reserva para o alumnado de 6º de Primaria que pretenda continuar os seus estudos no centro de adscrición IES Torrente Ballester para o curso 2020/21.
O formulario normalizado ED55OA (castelán - galego) será facilitado polo centro e deberá entregarse (cuberto e asinado) na Secretaría do CEIP A Carballeira entre o 1 e o 17 de febreiro, acompañado coa seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI do alumno/a ou copia do libro de familia.
- Fotocopia da sentencia de separación ou divorcio, se fose o caso.
Tamén se pode solicitar a praza a través da aplicación ADMISIONALUMNADO https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado. Con esta ferramenta as familias poden cumprimentar as solicitudes de reserva de praza, presentar a solicitude de forma electrónica, así como consultar o seu estado de tramitación.
O alumnado que teña previsto ir a un centro distinto debe presentar a solicitude nese centro ou a través da aplicación informática, no prazo de admisión de novo alumnado do 1 ao 20 de marzo.
Do 1 ao 20 DE MARZO será o periodo de admisión para o novo alumnado procedente doutros centros educativos ou de nova escolarización (garderías, non escolarizado, …). Na secretaría e na páxina web do colexio, dende o día 1 de marzo, estarán expostas as prazas vacantes e a documentación necesaria para as solicitudes.
Comezo de curso 2019/20
Enviado por admin o Xov, 05/09/2019 - 09:37Lembrámoslles neste novo curso 2019/20 as clases darán comezo o mércores 11 de setembro as 9:00h. Os servizos de comedor e transporte inícianse esa mesmo día.
Listado DEFINITIVO de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2019/20 (DOG 3 de maio de 2019)
Enviado por admin o Ven, 05/07/2019 - 11:50Nos arquivos adxuntos podedes consultar o listado definitivo de solicitudes admitidas e/ou excluídas do "Fondo solidadrio de libros de texto" curso 2019/20.
Listaxe PROVISIONAL de solicitudes ADMITIDAS e EXCLUÍDAS do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO curso 2019/20 (DOG 3 de maio de 2019)
Enviado por admin o Ven, 28/06/2019 - 07:16Nos arquivos adxuntos podedes consultar o listado PROVISIONAL de solicitudes admitidas ou excluídas no "Fondo solidadrio de libros de texto" para o vindeiro curso 2019/20.
As persoas interesadas poderán formular reclamación na secretaría do centro nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional.
A relación DEFINITIVA de solicitudes admitidas e, de ser o caso, excluídas, publicarase proximamente no taboleiro de anuncios e/ou na páxina web do centro unha vez finalizado o prazo de reclamacións.
Libros de texto e material didáctico _ curso 2019/20
Enviado por admin o Xov, 20/06/2019 - 12:33No documento adxunto poden descargar o listado de libros de texto e material didáctico para o curso 2019/20.
Formalización matricula novo alumnado curso 2019/20
Enviado por admin o Mar, 18/06/2019 - 12:46Lembrámoslles que o prazo de formalización de matricula do novo alumnado admitido será do 20 ao 30 de xuño.
Documentación necesaria:
- Impreso de formalización de matrícula (galego ou castelán)
- Fotocopia libro de familia e orixinal para cotexar
- Fotocopia da tarxeta de prestación sanitaria
- Fotocopia do carnet de familia numerosa, de ser o caso, e orixinal para cotexar
- Certificado do grao de discapacidade se é o caso, e orixinal para cotexar
- Dúas fotografías tamaño carnet
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »