Concello de Pontevedra

Primeiros poboadores

Unha mostra de que Pontevedra estivo poboada dende o paleolítico inferior son os machados atopados nas terrazas dos principais cursos fluviais. Tamén a cultura castrexa estivo moi presente no concello, onde existen restos de escavacións en recintos coma os de Mourente e Salcedo, así coma anzois de bronce e pedras empregadas en actividades marisqueiras.

Nacemento da cidade

Símbolo da cidade e mito moi enraizado é a ponte romana, fundada por Teucro, arqueiro grego que, trala Guerra de Troia viaxou a occidente para construí-la vila. Foron, sen embargo, os romanos os que construíron a antecesora da actual ponte do Burgo sobre o Lérez e estableceron a mansión da Turoqua na vía XIX. Así, o camiño, de canda á ponte, é a orixe da súa fundación.

Crecemento urbanístico

No século XII, baixo o reinado de Fernando II, a cidade aparece por vez primeira baixo o seu nome actual -'Pontem Veteris', aludindo ás ruínas da vella ponte romana- nun documento do mosteiro de Poio. Co paso do tempo, novas pontes cruzan o Lérez reflectindo o crecemento da cidade e das comunicacións.

Idade Media

Xa ó longo do século XIV novos privilexios confirman o potencial do arrabalde pontevedrés, baseado, sobre todo, nas actividades portuaria e pesqueira. Ó redor da sardiña cimentouse a actividade económica: a súa pesca, a venda en fresco cara ó interior, a salga, o afumado e a súa exportación marítima. Así, chegou a se-lo principal porto de Galicia.

Esplendor e declive

Pero será no século XVI cando Pontevedra acade o máximo esplendor económico e social da historia, que veu propiciado pola posición estratéxica da vila nas rotas atlánticas e pola paz social. Isto contrasta coa crise da vila nos séculos XVII, XVIII e XIX, debido ó segundo lugar que pasa a ocupa-lo porto pontevedrés no comercio por mar, ás adversidades climáticas que sufriu Galicia nestas épocas e á colocación do capital da burguesía en rendas máis seguras.

Novo auxe

Pontevedra, logo de dous séculos de decadencia e crise comeza a mediados do século pasado unha nova etapa de crecemento económico e demográfico.

Iniciar sesión: Acceso

Documentos

Secretaría

Seccións bilingües

Alumnado

Plan Dixital

Aula virtual

Robótica

Horta escolar

Instagram

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930