AVISO PAIS/NAIS USUARIOS DO COMEDOR

Comunícase que, a partir do día de hoxe, e por recomendación da Consellería; non se permitirá o acceso de pais e nais ás instalacións do comedor.

Só por motivos excepcionais, e sempre coa autorización previa da dirección do centro, poderá entrar a persoa representante da ANPA no Consello Escolar.

Ademais, a partir do vindeiro mes de marzo, os menús mensuais entregaránselle aos nen@s en formato papel, deixando de ser publicados na páxina web do centro.

No caso de non asistir ao comedor, deberán avisar con 24 horas de antelación e recoller ao neno no centro.