Campaña de Sensibilización contra a Violencia de Xénero “No amor non todo vale”

O vindeiro sábado día 28 de Febreiro a DEPUTACIÓN DE A CORUÑA, en colaboración co CONCELLO DE BOIRO, vai celebrar unha xornada lúdica no marco da Campaña de Sensibilización contra a Violencia de Xénero “No amor non todo vale” aberta ao público infantil e xuvenil co fin de promover obxectivos orientados á educación en valores de igualdade entre sexos.

Dita actividade vaise celebrar o vindeiro Sábado día 28 de Febreiro, en horario de 16:30 a 20:30 no pavillón do CEIP Santa Baia, e vai contar con actividades de contacontos, taller de títeres e espectáculo musical para público infantil, e con master class de zumba, taller de defensa persoal, monólogo e actuacións musicais para público xuvenil.

HORARIO 16:30 A 18:30 (PÚBLICO INFANTIL):

- Taller de títeres.

- Contacontos.

- Espectáculo musical.

HORARIO DE 18:30 A 20:30 (PÚBLICO XUVENIL):

- Master Class Zumba.

- taller de defensa persoal.

- Monólogo e actuacións musicais.

* Para a realización destas actividades é aconsellable asistir con calzado deportivo.