Maio Cultural

Este mes, con motivo da conmemoración das Letras Galegas 2013, que se lle adica a Vidal Bolaño, imos celebrar o mes cultural, mediante a realización de diferentes actividades, elaborados polo Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización Lingüística:

- 7, 8 e 9 de maio, realización de marcapáxinas na biblioteca, para participar no concurso elaborado polo Concello de Boiro.
- Semana do 13 de maio, realización de diferentes actividades nas aulas para conmemorar as Letras Galegas 2013.
- 21, 22 e 23 de maio, exposición dos materiais elaborados para a representación da ora de teatro.
- 24 de maio: antes do recreo representación dunha obra de teatro elaborada por alumnado de diferentes cursos. 

Maio Cultural