Visita de Ángel Carracedo ao colexio de Abanqueiro

O luns, 21 de xaneiro do 2013, contamos coa visita de Ángel Carracedo.
Foi unha xornada inolvidable, dada a súa calidade humana. Os mestres e mestras quedamos sorprendidos polo seu trato cara ao alumnado e a nós mesmos. Deunos unha lección de humildade e de bo facer co alumnado, ao que lle explicou cunha destreza digna dos mellores mestres, o que é o ADN e a importancia que ten para a vida.

Houbo tempo para os experimentos e para as preguntas de todo tipo relacionadas co seu ámbito de traballo:  forense, enfermidades raras, investigación, etc...

Na súa charla, non deixou de lado valores de gran relevancia para traballar nestas idades como o esforzo, o traballo constante, a protección da natureza, a importancia da vida que nos rodea... e amosounos un gran sentido do humor que era descoñecido para nós.

Carracedo destacou a creatividade do alumnado de Abanqueiro, e animounos a traballar este aspecto, tan presente na etapa de Primaria e que considera imprescindible para chegar a ser ser un bo investigador.

Despois dunha mañá na que se adicou a charlar con tódolos cursos do Centro, tivemos tempo de conversar sobre sobre o seu traballo.

A continuación amosamos algunhas imaxes da visita e só nos queda agradecer dende aquí a deferencia que tivo ao visitar o noso centro.


Charlando co alumnado de 4º, 5º e 6º.


Facendo o experimento para separar ADN.


Amosando o resultado do experimento.


Charlando de aspectos forenses despois dunha representación do alumnado.


Amosando un dos agasallos que lle entregamos como agradecemento da súa visita.


Observando atentamente un dos experimentos que lle fixeron o alumnado de 1º, 2º e 3º.


Charlando co alumnado de Infantil ao lado dun "fragmento" de ADN realizado polo Centro.


Asinando como lembranza da visita: "Para o meu cole preferido".

 

 


 

Referencias:

1.- http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2013/01/22/adn-ninos/0003_201301B22C4993.htm

2.- http://www.diariodearousa.com/articulo/barbanza/la-creatividad-de-los-alumnos-del-colegio-de-abanqueiro-sorprenden-a-angel-carracedo/20130122024521007952.html