Boas de novo familias! Xa estamos apiques de rematar este curso tan raro, e unha semana máis quero mandar desde aquí moito ánimo, e facervos unha nova proposta semanal de tarefas para estimular a linguaxe oral desde a casa. Esta explicado nos documentos adxuntos. Non é necesario imprimilos, e como sempre vos digo, son tarefas voluntarias, pero moi divertidas. Tampouco é necesario realizar tódalas tarefas. Só aquelas que máis vos gusten ou apetezan. Recórdovos o correo que estamos empregando estes días por se necesitades resolver dúbidas, consellos, orientacións ou ideas: orientacionabanqueiro@gmail.com Calquera cousiña estamos en contacto. Un saúdo: A mestra de Audición e Linguaxe Bea.
|
|||||||||