Fondo de Libros

19/06/2020

Finalización do prazo de solicitude de Fondo de Libros e Axudas para a Adquisición de Material Escolar.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Beneficiarios:

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º 4º 5º e º6.
  • Axudas para adquirir libros de texto destinados ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP.
  • Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP.

 Obriga das persoas beneficiarias:  Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2019/20.

Documentación a presentar:

As persoas interesadas deberán achegar coa SOLICITUDE (anexo I) a seguinte documentación:

  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

Os documentos presentados deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

Publicacións de listaxes do fondo solidario de libros de texto de 3º e 4º:

– Listaxes provisionais: o 10 de xullo de 2020 (As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional)

– Listaxes definitivas: o 20 de xullo de 2020.

– Entrega de libros de texto e vales: do 1 ao 15 de setembro.