blogue defran.alonso |
A continuación disporán da emisión do festival. De producirse algún erro de retransmisión, nesta mesma páxina, procederemos a intentar solventar o problema. |
|||
Estivemos traballando os instrumentos tradicionais e realizamos de debuxos dos mesmos. Esta é unha mostra do traballo realizado polo alumnado de 3º de Primaria. |
|||
O alumnado de 1º de Primaria realizando un traballo do proxecto: o Puzzle de Nadal. |
|||
|
|||
|
|||
AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS
Dende hoxe, hai un prazo de 10 días para solicitar as axudas para a merca de mascarillas para o alumnado de Educación Primaria.
Nota: Axúntase a solicitude en formato pdf. |
|||
|
|||
O alumnado de 5º deseñou un Poster para participar na elección do poster oficial do proxecto. |
|||
Programación Cultural de Novembro do Concello de Boiro
O Concello de Boiro vén de publicar a súa programación cultural para o mes de novembro. Poden consultala premendo na imaxe ou na seguinte ligazón: Programación Novembro.
|
|||
Os mestres estivemos coordinando todo o traballo! Parecía a Torre de Babel! |
|||
Tamén estivemos creando debuxos con palabras empregando o ordenador. Un traballazo do alumnado de 4º de Primaria! |
|||
Este foi o traballo finalista realizado polo alumnado de 6º de Primaria para o proxecto eTwinning. Agardamos que vos guste! |
|||
Este é o logo que realizou o alumnado de 5º de Primaria para participar na elección do logo do proxecto. Mola verdade? |
|||
Pacto das alcaldías para o clima e a enerxía sustentable (PACES) do Concello de Boiro
O Concello de Boiro traballa na elaboración dun Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES), unha acción que ten como obxectivo elaborar un documento final cunha serie de tarefas que permitan acadar uns obxectivos medioambientais e que sirva como folla de ruta contra o cambio climático dende o Concello. Para a elaboración deste documento é fundamental a participación cidadá e coñecer a opinión da veciñanza sobre determinados aspectos medioambientais. Podes responder a enquisa AQUI.
O Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable é unha iniciativa europea para que os gobernos locais implanten no seu territorio compromisos en materia de clima e enerxía da Unión Europea. O Concello de Boiro adheriuse en 2019 co compromiso de reducir as emisións de CO2, aumentar a eficiencia enerxética ou aumentar o uso de enerxías renovables. Para levar a cabo este proxecto o Concello de Boiro conta co apoio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e tamén do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea, xa que está subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable.
|
|||
Axudas de adquisición de material deportivo do Concello de Boiro
O Concello de Boiro vén de concedernos unha axuda para a adquisición de material deportivo que aproveitaremos para repoñer material deportivo estragado e adquirir algún material novo.
¡Moitas grazas ao Concello!
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »